Primarias abertas á veciñanza para elixir a lista das Municipais de Compostela Aberta

A candidatura de Compostela Aberta para as eleccións municipais de 2019 xurdirá dun proceso de Primarias Abertas á veciñanza.

A candidatura de Compostela Aberta para as eleccións municipais de 2019 xurdirá dun proceso de Primarias Abertas á veciñanza.

Así o decidiu a Asemblea de CA, nunha xuntanza onde tamén se aprobou o regulamento para a elección do primeiro tramo da lista (os 15 primeiros postos).

Tal e como xa sucedera no 2015, tanto a candidatura á alcaldía de Compostela Aberta como a lista que a acompañe serán elixidas en primarias abertas nas que poderá participar a veciñanza e non unicamente a militancia de CA.

Os requisitos para participar son ter máis de 16 anos, residir ou ter vínculos laborais ou académicos en Santiago e asinar o manifesto e código ético de Compostela Aberta.
En canto ás candidaturas, estas poderán ser tanto individuais como colectivas.

Aquí podes consultar o regulamento completo das primarias abertas e tanto para participar como para presentar candidatura

En canto ao calendario das primarias abertas, será o seguinte:

Inscrición no censo electoral: do 1 ao 15 de marzo
Inscrición de candidaturas individuais ou colectivas: do 6 ao 10 de marzo
Publicación provisional de candidaturas: 11 de marzo
Prazo de alegacións: 12 – 13 de marzo
Publicación definitiva de candidaturas: 14 de marzo
Campaña electoral: 16-21 de marzo
Votación nas Primarias Abertas: 22, 23 e 24 de marzo
Resultados provisionais: 25 de marzo
Alegacións: 26-27 marzo
Resultados definitivos: 28 de marzo

COMPOSTELA ABERTA FRONTE AO 28A
A Asemblea de CA tamén aprobou un documento político sobre as eleccións xerais do próximo 28 de abril. Nel queda refrendada a vontade de Compostela Aberta de apoiar unha candidatura galega única de unidade popular.

No caso de que isto non fose posible, Compostela Aberta manterá a súa independencia fronte ás hipotéticas e diferentes propostas entendendo que tanto representantes institucionais e orgánicos como o conxunto de persoas inscritas terán liberdade para apoiar a opción electoral que consideren.

Novas
relacionadas

O Pleno de Santiago debaterá unha moción conxunta de CA e BNG para rexeitar o proxecto de Altri

Os dous grupos do Goberno solicítanlle á Xunta que emita un informe negativo a ese proxecto industrial contaminante pola súa afectación ambiental, patrimonial e económica

COMUNICADO DE COMPOSTELA ABERTA DIANTE DA CONMEMORACIÓN DO 8M, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Como cada 8 de marzo, Compostela Aberta súmase ás reivindicacións polo Día Internacional das Mulleres e fai un chamamento á cidadanía a participar nas mobilizacións convocadas para reclamar unha igualdade real entre homes e mulleres, defender o dereito das mulleres a vivir unha vida libre e segura, e denunciar a discriminación que perdura, malia os avances nas últimas décadas.

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo