Recuperación de patrimonio e memoria e o debate perdido dos Franco

Nos últimos días tivemos que sorprendernos unha vez máis coas escusas da familia Franco para xustificar a non devolución das estatuas roubadas do Mestre Mateo. Din os Franco que as pezas foron compradas a un anticuario e acusan ao Concello de “mezquindade” por tentar recuperar o patrimonio de todas e todos.

Como declarou Martiño Noriega, os Franco teñen este debate perdido. A cidadanía sabe que houbo moita apropiación de patrimonio público por parte dunha familia que foi a cara visible da ditadura durante décadas. Isto non só aconteceu coas estatuas de Abraham e Isaac nin co Pazo de Meirás.

Dende o goberno de Compostela Aberta existe o convencemento de que a razón e a lei están do lado do Concello e a argumentación dos Franco só demostra a patrimonialización dos bens públicos que seguen a facer. Por iso é preciso unha vitoria xudicial que abra unha fiestra para a recuperación dun patrimonio público que non pode seguir sendo parte da colección privada dos herdeiros da ditadura.

No seguinte enlace podes escoitar un resumo das declaracións de Martiño Noriega.

Arquivado en:Martiño Noriega
Novas
relacionadas

María Rozas: “Compostela Aberta é o voto útil para quen queira políticas progresistas en Santiago” 

Compostela Aberta celebrou o seu acto central de campaña na Sala Capitol, no que a candidata estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega

María Rozas: “Compostela Aberta é o único garante de que Santiago non volva aos anos negros do PP nin se manteña no gris de Bugallo”

O exalcalde Martiño Noriega e boa parte da lista electoral participaron no acto de apertura de campaña de CA

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

CA completa unha lista “feminista, apegada aos barrios e o rural, e comprometida co activismo social e a defensa das traballadoras”

María Rozas presenta o segundo tramo da candidatura, que pechan a presidenta do comité de empresa de Zara na provincia da Coruña, Carminha Naveiro; a escritora e académica Marilar Aleixandre; e o exalcalde Martiño Noriega

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo