Resultado do proceso de selección eventuais

Este é o resultado do proceso de selección de persoal eventual para o grupo municipal de Compostela Aberta no Concello de Santiago, do total de 788 candidaturas recebidas para cubrir os 7 postos que ofertabamos e necesitamos cubrir.

Aínda que, inicialmente pretendíamos concluír a selección no mes de xullo a acumulación de carga de traballo xunto co elevado número de persoas presentadas, provocou que demorásemos unhas semanas mais en resolver o proceso. Pedímosvos, unha vez máis, desculpas.

A seguir, e tal e como establece o noso código ético, facemos públicos os criterios e causas de contratación deste persoal eventual, queremos presentarvos as persoas es explicarvos os porqués da escolla:

Perfil administrativo: Beatriz González Vecín e María del Río Noya

Das 340 persoas que se candidataron para este perfil fixemos unha selección de 15, fundamentada na información achegada a través do formulario, ás que entrevistamos unha a unha. Na selección priorizouse o coñecemento da administración pública e nomeadamente da administración local. Ambas candidatas escollidas traballaron en funcións de atención ao público e de trámites administrativos no Concello de Santiago e/ou no Consorcio de Santiago. Tamén teñen experiencia na coordinación de axendas e no traballo en grupo.

Na toma de decisión buscouse que os dous perfís fosen complementarios, Beatriz terá unhas funcións máis centradas na tramitación administrativa e María máis de atención ao público. Aínda que ambas partillaran espazo de traballo e estarán ao tanto das funcións e tarefas da outra.

Técnica/o de comunicación: Inés Dopazo Mella e Lara Salgado Santos

Foron 276 persoas as que presentaron candidatura para este perfil. Neste caso elaborouse unha selección final de 10 ás que non se lle realizou entrevista final posto que todas eran persoas coñecidas polo grupo municipal. Nos criterios de selección priorizouse moito o coñecimento dos temas de actualidade local, tanto na perspectiva de poder elaborar contidos informativos, como no acompañamento da actualidade e na elaboración de argumentarios.

Con Inés e Lara, ademais reforzase a parte máis frouxa na comunicación institucional do Concello, que só está cuberta no campo do xornalismo escrito. Especialistas en televisión e radio -medios de gran cobertura da actualidade local- e coñecedoras das técnicas da entrevista, das roldas de prensa, así como da realización e preparación de debates. Ambas recoñecidas profesionais que até agora viñan desenvolvendo o seu traballo nas redaccións locais do Correo TV e da SER-Radio Galicia.

Asesoría política: Javier Vázquez Lamas, Natalia Paleo Mosquera e Carlos Neira Cortizas

Neste caso as candidatura recibidas foron 172, ao igual que no caso anterior realizouse unha selección de 12 persoas para unha revisión e avaliación final sen entrevista posto que eran todas coñecidas por algunha das persoas da equipa de selección. Na selección priorizouse a conexión co proxecto de Compostela Aberta desde os inicios, así como o coñecemento das políticas públicas ou a capacidade de acompañamento de proxectos, visión crítica da realidade e iniciativa política, ou a relación entre institucións e empresa privada.

Javier, Natalia e Carlos, ademais compleméntanse na súas áreas de coñecemento e formación, políticas sociais, ecoloxismo, participación, economía, facenda, igualdade, innovación, turismo, diversidade, cidadanía, desenvolvemento económico, equilibrio territorial,… Os tres teñen unha recoñecida experiencia profesional e académica e bagaxe que os avala para facer parte do staff técnico do grupo municipal de Compostela Aberta.

Técnico no Grupo provincial: Marcial San Martín Meléndez

Durante este período apareceu unha nova posibilidade de contratación para cubrir un posto de asistencia e asesoría ao deputado provincial de Compostela Aberta. Neste caso o grupo municipal de CA decidiu non abrir ningún novo proceso e resolver coas candidaturas que xa tíñamos para os eventuais no Concello. As necesidades e perfís deste posto son diferentes das anteriores, aínda que a base é o traballo administrativo tamén ten moito de asesoría política e mesmo é preciso algún coñecemento sobre comunicación.

Marcial, con experiencia no Parlamento e na administración local, tíñase presentado ao proceso de administrativos. O seu perfil semellou un dos máis indicados posto que ademais ten experiencia en comunicación que aínda sendo non central si foi algo que valoramos moi positivamente.

Estes son os criterios deste proceso de selección que finalmente concluímos pouco mais dun mes despois de recibir todas as vosas candidaturas. Agradecemos a paciencia e lamentamos non conseguir ter resolto antes mais eran tantas e tan boas as candidaturas que non quixemos realizar un proceso precipitado e si conseguir construír unha equipa o mais solvente posíbel.

Un saúdo e só apuntar que temos un país que está cheo de talento e de boa xente, mágoa que por veces non se aproveite como debería ser.

Apertas e agradecervos novamente a paciencia e a confianza.

Grupo Municipal de Compostela Aberta

Arquivado en:Facenda
Novas
relacionadas

María Rozas: “O Goberno de Bugallo gastou case cinco millóns de euros sen ningunha fiscalización en 2021”

O Goberno de Bugallo segue sen entregarlle a CA a documentación sobre os orzamentos requirida hai vinte días

Marta Lois e María Rozas retan ao PSOE a iniciar os trámites para levar as contas a Pleno “se é certo que teñen o seu traballo feito”

Marta Lois: “Os datos da xestión pública da auga en Valladolid obrigan a Bugallo a repensar o seu modelo para Santiago”

O concelleiro Xan Duro urxe ao alcalde a convocar unha nova reunión da Comisión de estudo para a xestión do ciclo integral da auga “constituída hai un ano pero á que non se lle está dando ningunha utilidade real”

María Rozas: “Non hai ningún motivo para que Bugallo agarde a xaneiro para levar os orzamentos ao Pleno. Salvo que non os teña feitos”

A concelleira de Compostela Aberta urxe ao Goberno a someter as contas á aprobación da Corporación “porque é evidente que non tén pensado negociar nada”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo