Cúmprense tres anos dende a vitoria de Compostela Aberta nas municipais de 2015. Tres anos de ilusión e compromiso, de traballo duro para facer posible o que moitos consideraban imposible, para demostrar que si se pode recuperar o Público e facer políticas sociais para as máis.

E aínda que queda moito moi diante e por facer, tamén hai moito que celebrar. Por iso esperámoste o próximo sábado 16 de xuño na Carballeira de San Lourenzo para participar na Romaría do 3º Aniversario.

A partir das 13h30 teremos sesión vermú, música, xogos, xantar popular e un acto político no que participarán Martiño Noriega, Marta Lois e Iolanda Rei.

Ollo! Para participar no xantar é preciso comprar o ticket por anticipado (12€).
Para facelo podes contactar enviando un email a redes@compostelaaberta.org indicando “Xantar Popular” no asunto.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa a navegar, está dando o seu consentimento na aceptación das devanditas cookies e a nosa política de cookies,Para máis información, faga click no enlace. ACEPTAR

Aviso de cookies