Compostela Aberta amosa a súa satisfacción tras a confirmación dun novo xulgado do Social para Santiago

 Martiño Noriega mostrouse convencido de que "o cambio de criterio do Ministerio de Xustiza ten que ver coa resposta unánime da cidade diante dunha decisión que resultaba inexplicable".


Compostela Aberta amosa a súa satisfacción tras a comunicación ao alcalde Martiño Noriega de que Santiago contará cun novo xulgado do Social, desmentindo o anunciado a semana pasada.
Esta petición unánime da cidade será finalmente atendida tal como lle foi confirmado este martes a Martiño Noriega por parte do Delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada.

A comunicación chega días despois de que o Ministerio de Xustiza negara a creación da cuarta sala do Social en Santiago e de que se constituíra unha fronte común institucional e social na cidade para que se atendera esta esixencia. Martiño Noriega mostrouse convencido de que “o cambio de criterio do Ministerio de Xustiza ten que ver coa resposta unánime da cidade diante dunha decisión que resultaba inexplicable”.

Este anuncio do Delegado do Goberno produciuse horas despois de que o alcalde e os voceiros dos diferentes grupos da Corporación municipal se reunisen co decano do Colexio de Abogados de Santiago, Francisco Rabuñal, o decano do Colexio de Procuradores, Fernando González-Concheiro, e o decano da Facultade de Dereito, Gumersindo Guinarte, para “mostrar esta fronte común que existe na cidade para reclamar que o Ministerio de Xustiza recapacitase e dera luz verde á creación do xulgado do Social”.

Tal e como lle trasladou Martiño Noriega a Javier Losada, “non se entendía que o Ministerio desoíra a petición deste órgano, que se baseaba na carga de traballo que soportan os xulgados do Social de Santiago, con casos que acumulan atrasos de ata tres anos”.

Novas
relacionadas

María Rozas: “Compostela Aberta é o voto útil para quen queira políticas progresistas en Santiago” 

Compostela Aberta celebrou o seu acto central de campaña na Sala Capitol, no que a candidata estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega

María Rozas: “Compostela Aberta é o único garante de que Santiago non volva aos anos negros do PP nin se manteña no gris de Bugallo”

O exalcalde Martiño Noriega e boa parte da lista electoral participaron no acto de apertura de campaña de CA

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

CA completa unha lista “feminista, apegada aos barrios e o rural, e comprometida co activismo social e a defensa das traballadoras”

María Rozas presenta o segundo tramo da candidatura, que pechan a presidenta do comité de empresa de Zara na provincia da Coruña, Carminha Naveiro; a escritora e académica Marilar Aleixandre; e o exalcalde Martiño Noriega

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo