Todos os días son 25N: seguimos en pé #ContraAsViolencias

Un ano máis, Compostela e cidades e vilas galegas tinguíronse de negro contra a violencia machista, a expresión máis extrema das desigualdades sociais que viven as mulleres.


Non podemos sentir máis que orgullo de cidade vendo como unha campaña que naceu en Santiago se espalla por todo o país, coa participación de máis de 100 concellos que comparten ferramentas e recursos para previr, visibilizar e denunciar as violencias machistas.

Pero se importante é o número de concellos, non o é menos que a rede tecida permita chegar ao rural e a concellos pequenos que terían moi complicado desenvolver unha campaña como esta que pon ao mesmo nivel a cidades, vilas e aldeas.

Sen dúbida, unha boa mostra do enorme potencial do municipalismo galego, do traballo en rede e da cooperación institucional.


Pero como xa dixemos tantas veces, se #GaliciaEnNegro funciona é porque esta onda feminista desborda os límites das institucións e a cidadanía toma o protagonismo.

Participación de abaixo a arriba, dende os balcóns, os escaparates e camisetas de equipos deportivos que se tinguen de negro e de mensaxes contra as violencias. Dende os os ciclos de cinema feminista de denuncia, os obradoiros de defensa persoal, todos os barrios e asociacións que se queren libres de machismo….

Unha cidadanía que, como vimos estas semanas, está moi riba dos irresponsables ataques e relatos de parte.

Pero despois do 25N chega o 26N, e a mobilización ten que continuar, como o levamos vendo dende hai meses. Seguiremos en loita contra todas as violencias, contra os feminicidios, contra o acoso, a culpabilización das vítimas, os silencios cómplices, a falta de recursos ou a intolerable xustiza patriarcal. Porque dende o desprezo ao asasinato, todo é maltrato.

Temos que seguir teimando para colocar a violencia de xénero onde corresponde, unha cuestión de estado e unha máxima prioridade social e política. Todos os días teñen que ser 25N, por iso seguimos en pé #ContraAsViolencias e a barbarie machista.

Foto de Compostela Aberta.
Novas
relacionadas

CA demanda un protocolo contra as agresións sexuais no ocio nocturno

Marta Lois lembra que “outras cidades do Estado dispoñen de plans de actuación en colaboración cos establecementos de ocio nocturno, que se teñen demostrado eficaces diante de casos de agresión”

“Non hai nada que aguantar”: CA súmase ao 25N cunha campaña que reivindica ás mulleres do rural “empoderadas fronte ás violencias machistas”

O lema é unha mensaxe que xurdiu nos obradoiros de empoderamento das mulleres do rural impulsados no pasado mandato

Marta Lois: “O Goberno leva todo o mandato incumprindo os seus compromisos en materia de Igualdade”

Compostela Aberta pide a colocación dunha placa de homenaxe ás vítimas da violencia machista na Praza 8 de marzo

Marta Lois lamenta que o Concello teña sen actualizar os datos do Observatorio Municipal de Igualdade de Xénero, e que siga sen desenvolver o novo Plan de Igualdade

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo