Tres anos de Goberno CA. Tres anos de compromiso, traballo e ilusión

[et_pb_section bb_built=”1″][et_pb_row][et_pb_column type=”4_4″][et_pb_text _builder_version=”3.6″]


Hoxe cúmprense tres anos da toma de posesión de Martiño Noriega e do goberno de Compostela Aberta no Concello de Santiago.

E hoxe, tanto como aquel día, segue vixente o compromiso de recuperar o Concello para as máis. A Compostela Social e dos coidados pasou a estar no centro das políticas municipais, cunha ordenanza de garantía básica e prestacións de rescate social que beneficiaron a máis de 700 persoas, cun aumento aumento do 700% das bolsas de comedor dende 2014 e duplicando as horas e o investimento de axuda no fogar.

[/et_pb_text][et_pb_gallery _builder_version=”3.6″ gallery_ids=”5677,5678″ posts_number=”2″ zoom_icon_color=”#333333″ hover_overlay_color=”rgba(255,255,255,0.9)” animation_style=”fade” show_title_and_caption=”off” fullwidth=”on” auto=”on” auto_speed=”3000″ /][et_pb_text _builder_version=”3.6″]

Nestes 3 anos recuperamos o latexo da Compostela Cultural tras anos de esmorecemento. Puxemos en valor a Compostela verde cunha forte aposta pola compostaxe e pola recuperación de sendas verdes no cinturón do Sar e do Sarela. Actuacións que non se quedan só na mellora ambiental, tamén na aparición dun novo atractivo que desconxestione as zonas máis saturadas polo turismo e que tamén nos permita recuperar a nosa memoria, como vivimos recentemente no banquete de Conxo.

[/et_pb_text][et_pb_gallery _builder_version=”3.6″ gallery_ids=”5681,5682,5683,5684″ show_title_and_caption=”off” zoom_icon_color=”#333333″ hover_overlay_color=”rgba(255,255,255,0.9)” fullwidth=”on” auto=”on” auto_speed=”3500″ /][et_pb_text _builder_version=”3.6″]

Por memoria, xustiza e reparación, abrimos tamén a batalla xudicial contra o espolio cultural dos Franco e para que o patrimonio da veciñanza de Santiago deixe de formar parte da colección privada dos herdeiros da dituadura. Esperamos ter moi pronto de volta as estatuas de Abraham e Isaac na cidade, a onde pertencen.

Unha Compostela máis accesible, inclusiva e patrimonial
E que dicir do mantemento? Se hai 3 anos nos atopamos cun abandono histórico no mantemento da cidade e coas famosas fochancas, hoxe calquera pode ver que a situación mellorou radicalmente… e seguirá mellorando nos vindeiros meses, tanto na zona urbana como no rural, eixe da aposta polo reequilibrio territorial do Goberno CA.

Neste ano veremos tamén como comezan a concretarse obras moi demandadas e necesarias como a humanización de Castrón Douro e da avenida de Vilagarcía, as obras de accesibilidade do ascensor de Triacastela, Batalla de Clavijo, accesos na parroquia de Busto, a primeira renovación do céspede de Santa Isabel en 15 anos…  e moitas máis.

Obras que non serían posible sen a importante captación de fondos europeos realizada polo goberno de Compostela Aberta. Captación de case 20 millóns que se materializa en proxectos como múltiples plans de emprego xuvenil, o Programa Smartiago ou os máis de 10 millóns da estratexia EDUSI, rebautizada hai unhas semanas como “Revive Santiago”, para facer unha Compostela máis accesible, inclusive e patrimonial.

Participación e recuperar o público
Orzamentos participativos, auditoría cidadá, encontros Ao Vivo… A participación é un dos puntos de equilibrio do goberno de Compostela Aberta. Un goberno que debe render contas ante unha veciñanza que se implica e demanda.

Nestes tres anos a cidade -que é moito máis que o seu concello- recuperou a autoestima e a confianza no seu goberno despois do duro golpe que supuxo a etapa negra do PP e os seus escándalos de corrupción. Atopamos e seguiremos atopando resistencias dos que estaban máis cómodos nos anos anteriores, pero seguiremos convertendo os ruídos en silencios.

Nestes tres anos demostramos que malia a todas as resistencias, si é posible recuperar servizos para a veciñanza, como fixemos coa remunicipalización da ORA e do guindastre que entrará en vigor precisamente esta semana despois dun longo percorrido cheo de obstáculos.

O consenso nas grandes obras
E aínda que os coidados e os pequenos detalles ocupen o groso da axenda, non nos esquecemos das grandes infraestruturas, nas que só se pode construír entendendo a Compostela como o espazo de consenso que sempre foi.

Con diálogo e acordo desbloqueáronse proxectos de cidade que levaban anos no debate, como a Intermodal avanza a bo ritmo para estar lista no próximo Xacobeo, a variante de Aradas, as conexións da AP9 coa Cidade da Cultura, os avances para o inicio da construción do Orbital na zona norte da cidade…

Tamén afrontamos a responsabilidade de pór sobre a mesa alternativas a proxectos negativos que non están á altura do que Compostela merece, como a depuradora proxectada polo PP para o Souto superada pola proposta de CA na Silvouta.

E se ben neste punto nos atopamos coa inflexibilidade de Xunta e Estado por motivos máis políticos e técnicos, confiamos en que o escenario de cambio no goberno estatal abra unha xanela ao cambio e ao sentido común.

Debates necesarios, humildade, honestidade e traballo
Non escapamos tampouco da responsabilidade do debate da gobernanza do turismo, abrindo o melón de cuestións incómodas pero necesarias como a taxa de pernocta ou a regulación de vivendas para uso turístico. Porque Compostela é unha cidade acolledora que ten que conciliar os moitos beneficios do turismo cos dereitos da veciñanza.

Todo isto son só algunhas pinceladas do feito nestes anos. Tres anos aos que podemos mirar con certo orgullo, pero tamén coa humildade e honestidade de saber que non se avanzou o suficiente e que queda moito por facer. En común, todas xuntas, seguiremos avanzando na Compostela que queremos máis.

E lembra, este sábado 16 de xuño, celebramos estes 3 anos en común. Ven, participa e celebra con nós na romaría 3º aniversario!

[/et_pb_text][/et_pb_column][/et_pb_row][/et_pb_section]

Novas
relacionadas

María Rozas: “Compostela Aberta é o voto útil para quen queira políticas progresistas en Santiago” 

Compostela Aberta celebrou o seu acto central de campaña na Sala Capitol, no que a candidata estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega

CA recuperará e ampliará os Orzamentos Participativos “porque a veciñanza debe decidir máis alá das eleccións”

María Rozas: “A veciñanza de Santiago tén dereito a participar das decisións que lle afectan, e o Goberno tén a obriga de render contas”

María Rozas: “Compostela Aberta é o único garante de que Santiago non volva aos anos negros do PP nin se manteña no gris de Bugallo”

O exalcalde Martiño Noriega e boa parte da lista electoral participaron no acto de apertura de campaña de CA

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo