Valoración PGE 2018

O alcalde Martiño Noriega fixo este mércores una valoración do proxectos de Orzamentos do Estado presentado onte.

En primeiro lugar, existen serias dúbidas sobre a posible aprobación destes orzamentos dado o incerto panorama político actual e o seu posible grao de execución.

É certo que neste proxecto de orzamentos hai cuestións positivas para a cidade como que se contemplen partidas para infraestruturas como a EDAR, a Intermodal ou o Orbital, aínda que neste caso bótase en falta máis ambición nos prazos para que poida estar listo no 2021.

Pero non podemos obviar os aspectos negativos a ausencia inexplicable un ano máis de partida para a comprometida humanización da rotonda de Conxo. Un incumprimento sistemático nunha obra valorada en apenas 300.000 que foi presentada á veciñanza de Conxo pola plana maior do Ministerio hai máis de dous anos.

Resultado de imagen de ana pastor martiño noriega conxo

Hai que lembrar que o propio M. Rajoy se comprometeu en xaneiro á súa realización durante a inauguración do novo tramo da AP9. Como ben dixo Martiño Noriega, “quero pensar que a palabra do presidente do Goberno terá máis peso que a do ministro.”

Tamén botamos en falta maior compromiso co Consorcio de Santiago estando en plena preparación do Xacobeo 2021.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa a navegar, está dando o seu consentimento na aceptación das devanditas cookies e a nosa política de cookies,Para máis información, faga click no enlace. ACEPTAR

Aviso de cookies