#1deMaio, as liberdades e os dereitos sociais teñen quen os defendan

Neste Primeiro de Maio volvemos lembrar a rebeldía da clase traballadora que nos trouxo ata aquí e as loitas que teñen que seguir impulsándonos.

Porque nestes tempos escuros que vivimos de recortes de liberdades toca seguir en pé para recuperar os dereitos das traballadoras e traballadores.

Porque toca seguir loitando máis que nunca polos salarios dignos, contra o paro, a precariedade, a explotación laboral, as pensións de miseria, a desigualdade e a fenda de xénero…

Porque sobran os motivos e as reivindicacións, Compostela e o País enteiro saíron hoxe de novo a encher rúas e praza de dignidade, polo benestar, a fraternidade e a Xustiza social.
Porque as liberdades públicas e os dereitos sociais teñen quen os defendan.

Novas
relacionadas

María Rozas denuncia “a falta de impulso político e de capacidade de xestión da concellería de Deportes” nun encontro con entidades deportivas de Santiago

A candidata de Compostela Aberta considera que “remata un mandato en branco, sen avances nas novas infraestructuras deportivas nin en mantemento, e con continuos problemas na tramitación das subvencións municipais”

María Rozas no COAG: “Precisamos unha administración máis eficiente  e un Goberno máis dialogante para resolver os retos de Santiago”

A portavoz municipal mantén unha xuntanza cunha representación do Colexio Oficial de Arquitectos para presentar as propostas de Compostela Aberta en materia de mobilidade, mellora dos espazos públicos ou vivenda “despois dun mandato perdido para a veciñanza”

María Rozas: “É pouco crible que Bugallo anuncie plans de investimentos para Lavacolla mentres non realiza nin o mantemento dos viarios da parroquia”

A portavoz de Compostela Aberta e o concelleiro Xan Duro visitaron Lavacolla para recoller as demandas da veciñanza

María Rozas: “Se quere pechar o caso Pichel, Bugallo perdeu onte unha gran oportunidade de dar explicacións e despexar dúbidas no Pleno”

A portavoz de Compostela Aberta lamenta que o Goberno non respondera a ningunha das preguntas que leva formulando máis de dez días

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo