Data: MARTES, 22 DE DECEMBRO
Hora: 19:00 h.
Lugar: Local de Compostela Aberta (antigos almacéns Olmedo). Praza do Toural.
A igualdade de oportunidades entre mulleres e homes supón un dereito básico recollido en diferentes normas e leis. Non é unha declaración retórica de intencións. Neste momento, en pleno século XXI, aínda existe desigualdade por razón de xénero. O camiño para avanzar pasa por concienciar á sociedade e implementar políticas que garantan a igualdade real entre mulleres e homes, a igualdade de responsabilidades e dereitos.
Desde Compostela Aberta, convidámosvos a participar na xuntanza deste martes, 22 de decembro, á que está previsto que asista a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois. Porque todas e todos contamos na construción dunha sociedade máis igualitaria e máis xusta, esperámoste!