Convocatoria do plenario do Grupo de Cultura de Compostela
Data: 23 DE SETEMBRO
Hora: DE 19.30 A 21.30 H.
Lugar: SALÓN DE ACTOS DO CSCXM O ENSANCHE (Rúa de Frei Rosendo Salvado, 14-16)
Convidámosvos a participar no vindeiro plenario do Grupo de Cultura de Compostela, que segundo aprobamos o pasado 25 de xuño no anterior plenario, celebrarase o mércores da semana que ven no Centro Socio Cultural do Ensanche, Frei Rosendo Salvado 14-16 baixo, coa seguinte orde do día:
-
Benvida, presentación e breve resumo dos obxectivos da xuntanza
-
Informe das accións culturais levadas a cabo dende o concello
-
Exposición do traballo desenvolvido polas comisións de traballo durante o verán
- DEMOCRATIZACIÓN de ESPAZOS CULTURAIS: Elaboración dun informe para a modificación dos estatutos do Organismo Autónomo Auditorio de Galicia
- CATALOGACIÓN de RECURSOS CULTURAIS da CIDADE: Elaboración dun inventario dos distintos espazos culturais da cidade e dun informe sobre a accesibilidade xunto cunha proposta de plan de uso destes espazos por parte da cidadanía
- PARTICIPACIÓN e COMUNICACIÓN: Proposta de creación dunha asociación de públicos Compostela cultura.
-
Exposición e votación da proposta de cambio de nome do edificio do Auditorio de Galicia achegada á comisión de democratización
-
Rogos e preguntas
Trataremos de axilizar o plenario facendo intervencións curtas para cada apartado, seguidas dunha pequena quenda de preguntas. Se algunha persoa considera que hai algún tema importante que debamos tratar no plenario, vos agradeceríamos que nolo fixerades chegar á equipa de coordinación de antemán (antes do martes 22), para poder incluílo na orde do día..
Un cordial saúdo da equipa de coordinación do Grupo de Cultura!
Aproveitamos para achegarvos unha ligazón á acta do plenario do día 25, publicada recentemente no Loomio de Compostela Aberta, para todas aquelas persoas que desexen consultala.
https://www.loomio.org/d/Uc62hJ9n/acta-do-plenario-de-cultura-do-25-xuno?utm_campaign=thread_mailer&utm_medium=email&utm_source=new_discussion