Data: LUNS, 25 DE XANEIRO
Hora: 20:30 h.
Lugar: Local de Compostela Aberta e En Marea (antigos almacéns Olmedo). Praza do Toural.
O GdT de Mocidade encárgase de analizar a situación deste colectivo e de estudar medidas que abrangan, ademais da cuestión económica e o emprego, a promoción dunha política diferente baseada no principio de democracia participativa, na que a mocidade incremente o seu protagonismo na toma de decisións sobre políticas de xuventude.
Participa. Achéganos as túas propostas: mocidade@compostelaaberta.org