A asamblea de Compostela Aberta aposta por negociar un pacto de goberno co BNG

A coordenadora de CA foi mandatada para iniciar as negociacións co Bloque Nacionalista Galego para chegar a un acordo de goberno, que volverá a ser referendado nunha próxima asemblea

A asamblea de Compostela Aberta acordou hoxe  mandatar á coordinadora para aceptar a proposta do BNG de negociar a integración de CA nun goberno de coalición. Así se acordou na xuntanza celebrada esta tarde para avaliar os resultados das eleccións do pasado 28 de maio e perfilar o rol que Compostela Aberta debe xogar no próximo mandato.

Tal e como xa explicara a voceira municipal e candidata, María Rozas, era a asamblea a que debía decidir se Compostela Aberta aceptaba a oferta do BNG para negociar un pacto de goberno. Tras a decisión adoptada esta tarde, na reunión prevista  para mañá co Bloque Nacionalista Galego empezarase a traballar no acordo para a integración dos dous concelleiros electos de CA nese posible executivo de coalición. As persoas designadas pola coordinadora para as representar a Compostela nas negociacións serán María Rozas, Xan Duro, Miguel Penas e Concha  Fernández, que xa participaran na primeira xuntanza co BNG na que se oficializara a oferta dun pacto de goberno por parte do Bloque e na que CA confirmara a súa decisión de apoiar a Goretti Sanmartín no Pleno de investidura. 

Tras o acordo adoptado hoxe, e unha vez avancen as negociacións, a coordinadora volverá someter á  decisión da asamblea o acordo concreto de goberno, para que sexa ese órgano o que teña a última palabra sobre a integración ou non de Compostela  Aberta nun executivo de coalición. 

Na súa intervención na asamblea, María Rozas volveu recoñecer que os resultados das eleccións “nin son satisfactorios nin son os agardados, pero somos tamén conscientes de cales foron as dinámicas en Galicia e no conxunto do Estado”. A portavoz municipal de CA agradeceulle ás bases a súa implicación e colaboración na campaña e fixo unha chamada á participación activa nos próximos catro anos “porque o resultado danos a oportunidade de ter unha base sobre a que construir a Compostela Aberta do futuro”.

Novas
relacionadas

Compostela Aberta e BNG reclámanlle á Xunta que actúe de maneira urxente na recuperación ambiental da canteira de Miramontes

Os dous grupos do Goberno levarán ao próximo Pleno unha moción conxunta para que a Corporación apoie as reivindicacións da Plataforma de Afectadas pola Canteira de Miramontes e FERUSA tras a sentenza que confirma un delito contra o medio ambiente no complexo da Grixoa

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo