A asamblea de Compostela Aberta decidirá sobre a oferta do BNG para entrar no Goberno

María Rozas insiste en que “CA reivindicará políticas progresistas e transformadoras en Santiago, desde calquera que sexa o seu rol no próximo mandato”

Compostela Aberta confirmou hoxe que facilitará a toma de posesión de Goretti Sanmartín como nova alcaldesa de Santiago na sesión de investidura prevista para o 17 de xuño, e será a asamblea da organización a que se pronuncie sobre a posibilidade de entrar nun goberno de coalición liderado polo BNG. Así o trasladou a portavoz de CA despois da reunión celebrada esta mañá con representantes do Bloque Nacionalista Galego, coa propia Sanmartín á cabeza. María Rozas insisitiu en que “a veciñanza dixo nas urnas que quería unha Corporación municipal con maioría de esquerdas e plural, e agora toca decidir que papel queremos que xogue Compostela Aberta no futuro”.

Esta mañá celebrouse a primeira xuntanza entre Compostela Aberta e o BNG despois das eleccións municipais, na que CA estivo representada por María Rozas, Xan Duro, Miguel Penas e Concha Fernández, membros da coordinadora de CA e designados por ela oara seren os interlocutores co Bloque. A portavoz de Compostela Aberta explicou que na reunión “oficializamos o noso apoio á investidura de Goretti Sanmartín como alcaldesa, do mesmo xeito que o BNG oficializou a súa oferta para que CA se integre nun goberno de coalición”. A proposta, explicou Rozas, “será sometida á asamblea de Compostela Aberta, que é quen tén que dedicir o papel que debe xogar a organización no futuro, e que será quen ditamine se se abren ou non negociacións de cara á entrada nese goberno”. A asamblea de CA celebrarase o próximo martes, e a súa decisión serálle trasladada ao BNG nunha reunión fixada para o mércores. 

María Rozas explicou que “a de hoxe foiu unha primeira toma de contacto, agradable e cordial, na que as dúas formacións falamos dos principais retos que tén Santiago por diante, sen entrar en profundidades porque non foi unha reunión para negociar”. A portavoz de Compostela Aberta insistiu en que “sempre dixemos que Santiago necesitaba un cambio de rumbo, con políticas progresistas e transformadoras que CA vai reivindicar desde calquera rol que ocupe no próximo mandato”. Ademais, María Rozas salientou que “Santiago tén retos que tén que afrontar con urxencia, e por iso non é a vontade de Compostela Aberta dilatar os tempos e procuraremos ser o máis rápidos posible na nosa reflexión sobre o futuro, respectando os tempos da nosa organización”.

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo