A Corporación comprométese a seguir construindo a “Compostela Territorio das Mulleres”

A proposición que CA levou ao Pleno foi aprobada por unanimidade, tras a incorporación de emendas de BNG e PSOE
  • Aprobada a proposición de Compostela Aberta sobre as residencias de creación e pensamento vinculadas ao Camiño de Santiago

O Pleno da Corporación aprobou, por unanimidade, a proposición presentada por Compostela Aberta para darlle continuidade á construción da “Compostela Territorio das Mulleres”, á que se incorporaron cadansúa emenda presentadas por BNG e PSOE. A concelleira Marta Lois, encargada de defender o texto, mostrou a súa satisfacción “pola vontade de acordo mostrada por todos os grupos, malia a que poida haber discrepancias no que e no como das políticas de xénero”.

A proposición presentada por Compostela Aberta tiña como obxectivo “consolidar o traballo feito nos últimos catro anos, nos que as políticas de Igualdade ocuparon un espazo central do mandato”. Nesa liña, Marta Lois lembrou iniciativas como o programa “Compostela Territorio das Mulleres”, que “permitiu crear un mapa de recursos, lugares e equipamentos que axuden a construír un municipio máis igualitario e amigable coas mulleres”; á creación do “Observatorio local de igualdade de xénero”; ou á apertura da Casa das Mulleres Xohana Torres. Para avanzar nesa liña, o texto aprobado pola Corporación inclúe unha serie de medidas concretas para reforzar este compromiso coa igualdade de xénero: a consolidación do modelo de co-xestión da Casa das Mulleres Xohana Torres entre a concellería de Igualdade e os colectivos feministas e de mulleres; a continuidade dos programas e obradoiros de empoderamento das mulleres no rural; o mantemento do traballo en rede cos sectores socioeconómicos, a través das campañas de prevención e sensibilización social en materia de igualdad; a aplicación do mainstreaming de xénero en todos os departamentos municipais; o deseño de políticas públicas de gobernanza do turismo que atendan á perspectiva de xénero; e a elaboración dun Plan de sensibilización e formación en materia de igualdade. Ademais, o texto aprobado fai referencia á activación definitiva do sistema “VioGén” de seguimento integral nos casos de violencias machistas, á mellora da iluminación en diferentes espazos da cidade; e ao impulso á feminización do rueiro de Compostela.

En relación á proposición de CA para seguir avanzando na construción da “Compostela Territorio das Mulleres” no Pleno participou Lucía Dapena, en representación do colectivo Campus do Medo. Na súa intervención, explicou que as enquisas realizadas polo colectivo demostran que a sensación de inseguridade no campus universitario é xeralizada entre as  mozas, “polo que este non é un problema que simplemente haxa que visibilizar, senón que require de intervención, de políticas públicas ao respecto”

Residencias de creación e pensamento

Tamén por unanimidade quedou aprobada a proposición de Compostela Aberta para desenvolver un programa de residencias de creación e pensamento que proxecten sobre a cidade o coñecemento, o talento e a innovación que recibimos polos Camiños de Santiago. A proposta foi defendida pola concelleira Branca Novoneyra, que explicou que o obxectivo é que “as peregrinas e peregrinos con talento compartan o seu saber e a súa experiencia profesional e vital cos colectivos culturais e sociais de Santiago, en espazos  emblemáticos como a Casa das Mulleres, o Teatro Principal, a Fundación Granell ou o Museo do Pobo Galego”. Novoneyra apuntou que “estas residencias poderían ser unha primeira proposta de programación propia do Concello en relación ao 2021”.

Interpelación e preguntas

No Pleno, o concelleiro Rafael Peña tamén interpelou ao Goberno en relación á súa política aeroportuaria “tras confirmarse a supresión de seis voos desde a terminal Rosalía de Castro, entre eles o que Vueling viña operando a Roma, e que tén unha importancia estr,atéxica para Compostela”. O edil mostrouse convencido de que “estas malas noticias responden á inacción do Goberno local, que xa fora advertido da necesidade de ser proactivo na súa relación coas aeroliñas”. Peña tamén foi moi crítico coa actuación da Xunta “que fai unha absoluta deixación de funcións nun tema sensible que é da súa competencia, a coordinación aeroportuaria”.

Por último, a situación derivada da caída dun muro na Costiña do Monte, que causou a morte dun veciño, fixo que se ausentara do Pleno o concelleiro Javier Fernández, polo que quedaron sen responder dúas preguntas relacionadas co seu ámbito de xestión: a licitación de obras e a xestión da rede de centros cívicos, e máis en concreto, o centro Aurelio Aguirre de Conxo. Con respecto a esta pregunta, no Pleno participou Mercedes Franqueira que explicou as numerosas deficiencias que se veñen detectado no centro, tanto no que ten que ver coa programación como con cuestións relacionadas co funcionamento ordinario como a limpeza. A representante veciñal tamén expresou o seu malestar porque o colectivo “presentou un escrito no Concello relatando as súas queixas o 3 de decembro, e non tivo ningunha resposta do concelleiro, casualmente ata a véspera do Pleno no que se ía evidenciar a situación”.

Novas
relacionadas

CA pídelle ao Goberno que explique cando se van acometer as actuacións anunciadas para o barrio do Viso

María Rozas percorreu a zona acompañada pola veciñanza, que reclama información sobre o proxecto de canalización de augas pluviais desde o Gaiás

Jorge Duarte: “Hai consenso político e técnico sobre cal é o mellor proxecto para Castrón Douro, e só Bugallo leva a contraria”

Na comisión asesora de hoxe, quedou sobre a mesa a modificación do proxecto da II fase de Castrón Douro por falta de apoios, e Compostela Aberta demandará no Pleno que se manteña o acordado no pasado mandato coa veciñanza

CA demanda un protocolo contra as agresións sexuais no ocio nocturno

Marta Lois lembra que “outras cidades do Estado dispoñen de plans de actuación en colaboración cos establecementos de ocio nocturno, que se teñen demostrado eficaces diante de casos de agresión”

Compostela Aberta denuncia o fracaso da convocatoria de axudas para actividades culturais, con só tres entidades beneficiarias

Branca Novoneyra reclama un plan de formación para as asociacións culturais, “porque non é asumible que só 3 entidades reciban este tipo de axudas e queden sen gastar 30.000 euros”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo