A Deputación Provincial condena a ditadura de Franco a proposta de Compostela Aberta e Marea Atlántica

A Coruña, 30 de decembro de 2015. O Pleno da Deputación Provincial da Coruña aprobou hoxe unha moción de Compostela Aberta e Marea Atlántica con motivo do oitenta aniversario do inicio da Guerra Civil Española. A través dela, o ente provincial expresa a súa condena e rexeitamento, sen paliativos, do Golpe de Estado e da ditadura franquista.

A Deputación acordou tamén tributar homenaxe a todas as persoas que formaban, en 1936, parte das corporacións locais e que foron fusiladas ou paseadas, personalizando este tributo, entre outras persoas, no presidente provincial López Bouza e nos rexedores de Santiago e Ferrol, Ánxel Casal e Xaime Quintanilla. Ao tempo, anima aos concellos da provincia a recuperar a súa memoria democrática, lembrando a cargos electos, funcionarios, mestres e demais cidadáns e cidadás que sufriron represalias polas súas ideas.

A moción aprobada insta ao Goberno do Estado a establecer unha Comisión da Verdade independente, en cumprimento das recomendacións da ONU, así como asumir as súas obrigas no referido ao dereito á verdade, e á reparación ás vítimas.

Por último, ínstase ao Ministerio e á Consellería de Educación a revisar os currículos escolares no relativo á Segunda República, a Guerra Civil e o franquismo, para que o alumnado tome conciencia dos valores democráticos e sociais xurdidos durante os anos 30 e as terribles consecuencias que esta guerra tivo para Galicia.

A moción de Compostela Aberta e Marea Atlántica contou co respaldo de PSOE, BNG e Alternativa dos Veciños, mentres que o Partido Popular abstívose nesta moción que buscaba a condena explícita da ditadura franquista.

Texto completa da moción conxunta con emendas incorporadas

Novas
relacionadas

COMUNICADO DE COMPOSTELA ABERTA DIANTE DA CONMEMORACIÓN DO 8M, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Como cada 8 de marzo, Compostela Aberta súmase ás reivindicacións polo Día Internacional das Mulleres e fai un chamamento á cidadanía a participar nas mobilizacións convocadas para reclamar unha igualdade real entre homes e mulleres, defender o dereito das mulleres a vivir unha vida libre e segura, e denunciar a discriminación que perdura, malia os avances nas últimas décadas.

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo