UNHA CANDIDATURA POLO QUE IMPORTA PARA COMPOSTELA

Temos un proxecto para facer de Santiago un sitio mellor para vivir e ser vivido. E temos equipo para facelo. con ilusión e ideas claras de futuro.

Estas son as persoas que integran a nosa lista
para as eleccións municipais do 28 de maio. Unha candidatura apegada ao territorio, aos barrios e o rural, que bebe do feminismo, do activismo social e cultural e do movemento sindical para a defensa das veciñas e veciños de Compostela.

PRIMEIRO TRAMO DA CANDIDATURA

1. MARÍA ROZAS PÉREZ
Candidata á alcaldía

Candidata á alcaldía, voceira e concelleira do grupo municipal de Compostela Aberta e veciña do Ensanche. Licenciada en Ciencias Políticas e Mestrado en Estratexias e Políticas de Cooperación ao desenvolvemento. É consultora de xestión económica para Administracións Públicas. No mandato 2015-19 foi tenenta de alcalde e exerceu como concelleira de Economía e Facenda. Foi voluntaria en varias ONGD e participante no movemento feminista.

2. XAN DURO FERNÁNDEZ

02-Xan-duro

Concelleiro do grupo municipal de Compostela Aberta e veciño de Salgueiriños. Diplomado en Biblioteconomía e Documentación e funcionario da USC como auxiliar técnico de biblioteca. Foi presidente de ADEGA e coordinador xeral de Verdegaia. No mandato 2015-2019 foi concelleiro de Medio Ambiente, Convivencia e Informática

3. COMBA CAMPOI GARCÍA

03-Comba-campoy

Doutora en Ciencias da Comunicación e veciña de Fontiñas, traballou no audiovisual e no teatro e foi docente na USC. Actualmente é profesora de ensino secundario na familia profesional de servizos socioculturais e á comunidade. É activista na Asociación Morreu o Demo de teatro de monicreques, e no ensino autoxestionado en galego da Semente Compostela. Participa do movemento feminista no colectivo Materfem.

4. MIGUEL PENAS RODRÍGUEZ

04-Miguel-Penas

Coordinador do grupo municipal de Compostela Aberta e veciño do barrio das Marías. Licenciado en Historia, técnico superior de Turismo e Mestrado en Edición. Foi presidente da Associaçom Galega da Língua (AGAL), primeiro director de Através Editora e, actualmente, secretario da AVV das Marías. No mandato 2015-2019 foi xefe de gabinete do alcalde Martiño Noriega.

5. GRACIELA CARRO ASOREY

05-Graciela

Autónoma, xerente das súa propia axencia de seguros e veciña
de Marrozos.
Cursou estudos en Ciencias Políticas e da Administración.
Fai parte da directiva da AVV de Marrozos.

6. JAVIER GARCÍA PÉREZ

06-Javier-Garcia-Perez

Músico e residente en Casas Novas. Titulado superior en guitarra clásica, foi durante cinco anos profesor no Instituto de Música e Tecnoloxía de Madrid. Participou no grupo de homes Micromachinhos e no Proxecto Integral Compostela de Moeda Social, así como na Asemblea do 15 M de San Fernando de Henares

7. MARISA ÁLVAREZ GAREA

07-Marisa-Perez

Mestra de Educación infantil no CEIP da Ramallosa (Teo) e veciña do barrio de Conxo. Mantén unha importante actividade veciñal e cultural no seu propio barrio. así como na Troita Armada. Foi parte activa da Asociación Xuvenil Itaca.

8. JAIME BELLO FERNÁNDEZ

08-Jaime-Bello

Educador social pola USC e técnico superior de animación sociocultural. Veciño de Monte dos Postes. Afiliado á CIG-Servizos, foi presidente do Comité de Empresa dos Centros Socioculturais. Traballou nos campamentos da Xunta, en Aspas e, actualmente, no Concello de Boiro, nun proxecto orientado a mozos e mozas adolescentes. Foi membro da directiva do Centro Xuvenil Don Bosco.

9. LUISA PASÍN MATO

09-Luisa-Pasin

Avogada no eido da mobilidade, reside no Ensanche. Defendeu á veciñanza nas expropiacións realizadas durante as transformacións urbanísticas de Conxo e do Banco do Pobre. Formou parte da Xunta de Goberno do Colexio de Avogados de Santiago que implantou a quenda especial de violencia de xénero, e da agrupación de mulleres Inquietas.

10. MARTA LOIS GONZÁLEZ

10-Marta-Lois

Concelleira do grupo municipal de Compostela Aberta e veciña do barrio de Fontiñas. Doutora en Ciencia Política e profesora da USC. Dende setembro de 2020 a setembro de 2022 exerceu como voceira do grupo municipal de Compostela Aberta e no mandato 2015-19 foi concelleira de Igualdade, Turismo, Emprego, Comercio e Promoción Económica

SEGUNDO TRAMO DA CANDIDATURA

11. PILAR GIL

11-Pilar-Gil

Funcionaria da Xunta de Galicia.
Veciña do barrio de Sar.

12. FLORA MIRANDA

12-Flora-Miranda

Médica de Familia
Veciña do barrio das Fontiñas

13. ANDRÉ SEOANE

14-Andre-Seoane

Conserxe de instalacións deportivas municipais.
Veciño do barrio de Vista Alegre

14. ELI CABEZA

14-Eli-Cabeza

Produtora de eventos.
Veciña da parroquia de Laraño

15. ANTONIO PÉREZ CASAS

15-Antonio-Perez-Casa

Persoal da Universidade de Santiago
Veciño do Barrio de San Pedro

16. NATALIA PALEO

16-Natalia-Paleo

Profesora de Ciencias Políticas da USC.
Veciña da parroquia de Lavacolla

17. JOSINHO MERA

17-Josinho-Mera

Somelier.
Veciño de San Martiño Pinario.

18. SOLEDAD GARCÍA RÍO

18-Soledad-Garcia

Traballadora do Servizo de Axuda no Fogar.
Veciña do Barrio de San Roque

19. RAFAEL PEÑA

19-Rafa-Penha

Traballador no Aeroporto Rosalía de Castro
Veciño do Barrio de Lavacolla.

20. NOA MORALES

20-Noa-Morales

Licenciada en Ciencias Políticas.
Veciña do barrio de Pontepedriña

21. MANUEL DIOS DIZ

21-Manuel-Dios

Mestre xubilado.
Veciño do barrio de San Pedro

22. CONCHA FERNÁNDEZ

22-Concha-Fernandez

Psicóloga e profesora.
Veciña do barrio das Fontiñas

23. CARMINHA NAVEIRO

23-Carminha-naveiro

Presidenta do Comité de Empresa de Zara.
Veciña do Barrio de San Lázaro

24. MARILAR ALEIXANDRE

24-Marilar-Aleixandre

Escritora e académica da Real Academia Galega.
Veciña do barrio de Santa Marta.

25. MARTIÑO NORIEGA

25-Martinho-Noriega

Médico de atención primaria
Veciño do Casco Histórico

SUPLENTES

S1. MARIAJO BÓVEDA

S1--Mariajo-Boveda

Arqueóloga.
Veciña do Barrio de Sar

S2. IVÁN RODRÍGUEZ

S2-Ivan-Rodriguez

Profesor de Secundaria.
Barrio de San Lourenzo

S3. ROCÍO NÚÑEZ

S3-Rocio-Nunez

Educadora Social.
Veciña do Barrio das Marías

S4. JESÚS RIVERA ARMÁN

S4-Jesus-Rivera

Desempregado.
Veciño do barrio das Fontiñas.

S5. MARÍA GIGIREY

S5-Maria-Gigirey

Monitora de tempo libre
Veciña do barrio de Salgueiriños.

S6. PABLO SOUTO

S6-Pablo-Souto

Enfermeiro.
Veciño do barrio das Fontiñas

S7. CRISTINA AMOR

S7-Cristina-Amor

Traballadora do Museo das Peregrinacións.
Veciña do Casco Histórico

S8. PILAR PÉREZ

S8-Pilar-Perez

Funcionaria Municipal.
Veciña do barrio da Almáciga.

S9. ANTÍA SOTO

S9-Antia-Soto

Traballadora no sector seguros.
Veciña do Barrio de Pontepedriña.

S10. CARLOS PARDO

S10-Carlos-Pardo

Funcionario xubilado.
Veciño do barrio das Fontiñas

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo