A xestión de Bugallo: duplica o gasto en contratos a dedo, incumpre o periodo de pago a proveedores e reduce a execución dos investimentos

En 2020 medrou o número de facturas con reparos e sen fiscalización, “nunha dinámica que se mantén, e pola que nos últimos tres meses se aprobaron gastos con reparos da Intervención por máis de catro millóns de euros”
  • María Rozas lamenta que “o Goberno de Bugallo non aproveitou as medidas excepcionais aprobadas pola pandemia para impulsar unha política económica que axudara a Santiago a saír da crise”

“Máis contratos menores, máis gasto en protocolo, partidas sociais sen gastar, e un menor grao de execución do capítulo de investimentos”. Así resumiu María Rozas a Conta Xeral de 2020, que se somete hoxe á aprobación do Pleno. A concelleira de Compostela Aberta instou ao Goberno de Bugallo “a facer un exercicio de autocrítica, a non escudarse permanentemente na Covid, e a recoñecer que non souberon aproveitar as medidas excepcionais aprobadas por mor da pandemia en relación á regla de gasto ou á débeda bancaria para impulsar unha política económica que axudara a Santiago a saír da crise”. 

Contratos menores

María Rozas sinalou que un dos datos máis chamativos da Conta Xeral de 2020 é a duplicación dos gastos en contratos menores con respecto a 2018, ata chegar aos 8 millóns de euros. Tal e como explicou, o Goberno de Bugallo gastou por esta vía dos contratos a dedo 33 de cada 100 euros, e lembrou que “o PSOE consideraba escandaloso e opaco que Compostela Aberta gastara 4 millóns de euros en contratos menores en 2018 e agora non se ruboriza ao duplicar esa cifra”. A concelleira rexeitou que este incremento teña que ver coa pandemia, “porque ao virus podemos atribuírlle poupco máis dun millón de euros en contratos a dedo, dos que non todos foron dedicados a axudas ou a medidas sanitarias, senón que tamén se inclúen nesa cifra máis de 100.000 euros de publicidade en diversos medios de comunicación”.

Rozas invitou ao alcalde Bugallo e á concelleira Marta Abal “a cumprir a súa promesa electoral e crear un rexistro sobre os estudos externalizados polo Concello, que debería explicar estes contratos menores e, máis en concreto, os case 600.000 euros que o Goberno de Bugallo gastou en estudos e asistencias técnicas ao longo de 2020.

Partidas sen gastar… excepto en Protocolo

A Conta Xeral de 2020 reflicte que o Goberno de Bugallo deixou sen gastar case 50 millóns de euros dos 153 que tiña orzados, “e a finais de ano tiña decenas de millóns de euros nas contas bancarias do Concello sen utilizar, malia a que ese diñeiro podería ser de gran axuda nun momento de crise tan grave como o que atravesamos”. Nesa liña, María Rozas salientou que o ano  pasado “o Concello non gastou nin un só euro na área de vivenda, deixou catro millóns de euros sen gastar na área de Medio Rural, case 2,7 millóns na área de fomento do emprego, e 2,3 millóns de euros na área de asistencia social primaria. En canto aos investimentos, “Bugallo só executou o 21 por cento das partidas orzadas, e sobráronlle así 20 millóns de euros.

Fronte a isto, salientou María Rozas, “o Goberno do PSOE incrementou en case un 400 por cen os gastos en Protocolo, unha cuestión especialmente chamativa nun ano no que practicamente todas as visitas e actos estiveron suspendidos no Pazo de Raxoi”.

Pago a proveedores e reparos

No seu balance, a concelleira de CA ironizou co récord que vén de conseguir o PSOE en canto aos reparos da Intervención municipal aos gastos. Tal e como explicou, en 2020 houbo 178 reparos a diferentes facturas, 141 deles por omisión da fiscalización.María Rozas lamentou que “todas as Xuntas de Goberno estean protagonizadas por este tipo de expedientes, nunha dinámica que non parece mellorar senón máis ben o contrario, xa que nos últimos tres meses téñense aprobado facturas reparadas por máis de catro millóns de euros”.

Rozas tamén se referiu ao dato do Período Medio de Pago a Proveedores, “que Bugallo prometeu mellorar en 2020, pero que finalmente só baixou dos 30 días dous meses en 2020”. Desde que goberna o PSOE, engadiu a concelleira, “só se cumpriu o periodo medio de pago a proveedores en cinco ocasións, nuns resultados que en Galicia só son comparables aos de Ourense e que, polo tanto, tampouco son atribuíbles á Covid”.

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo