‘Abstención crítica’ de Compostela Aberta na elección do novo alcalde de Santiago


Comeza un novo mandato municipal no Concello de Santiago marcado pola ‘abstención crítica’ do grupo municipal de Compostela Aberta formado polos cinco edís electas nas pasadas eleccións. Un posicionamento crítico que por unha parte cumpre co compromiso electoral de CA de non facilitar gobernos da dereita mais que tamén ven a demostrar que o noso modelo de cidade dista moito do do novo alcalde Sánchez Bugallo.

Martiño Noriega, Branca Novo, Rafa Peña, Marta Lois e Jorge Duarte fan parte deste novo grupo municipal que se marca como obxectivo a defensa de todas as conquistas dos últimos catro anos. Facer unha oposición ao servizo da cidadanía, da xente do común e dos barrios e parroquias de Santiago de Compostela, velando polos intereses da veciñanza e vixiantes fronte as grandes contratas, a especulación urbanística e os poderes fácticos da cidade.

Durante catro anos de goberno de Compostela Aberta conseguíronse as maiores cotas de investimento en dereitos sociais de toda a historia de Santiago ademais da posta en marcha de moitas políticas transformadoras en materia de transparencia, xustiza fiscal ou de igualdade entre outras. O renacer cultural de Compostela, as políticas ambientais, así como o discurso crítico co modelo de turismo ‘a granel’ e depredador foron outras das características de CA que agora serán defendidas desde a oposición e co acompañamento da veciñanza.

Santiago ten moitos retos por diante, como todos os relacionados coa mobilidade e continuar avanzando no equilibrio territorial. CA ten un modelo claro e continuará a achegar propostas para desenvolver esa Compostela das máis e na defensa do ben común e dos servizos públicos.

Un espazo político consolidado
Nas últimas semanas Compostela Aberta demostrou a súa altura de miras e a súa lealdade institucional, a Santiago, despois de ofrecer toda a colaboración ao goberno entrante con enorme transparencia no traspaso de poderes. Con responsabilidade e enorme ilusión comeza unha nova etapa na que CA continuará a representar os intereses das maiorías sociais.

Un espazo político consolidado que representa a máis do 20% das e dos votantes, máis de 10.000 veciñas e veciños que optaron por Compostela Aberta, a pesar do acoso mediático e político dende xuño do 2015. Un espazo diverso e plural que chegou para quedarse e que enceta agora unha nova etapa para os próximos catro anos.

Novas
relacionadas

María Rozas: “Compostela Aberta é o voto útil para quen queira políticas progresistas en Santiago” 

Compostela Aberta celebrou o seu acto central de campaña na Sala Capitol, no que a candidata estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega

María Rozas: “Compostela Aberta é o único garante de que Santiago non volva aos anos negros do PP nin se manteña no gris de Bugallo”

O exalcalde Martiño Noriega e boa parte da lista electoral participaron no acto de apertura de campaña de CA

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

CA completa unha lista “feminista, apegada aos barrios e o rural, e comprometida co activismo social e a defensa das traballadoras”

María Rozas presenta o segundo tramo da candidatura, que pechan a presidenta do comité de empresa de Zara na provincia da Coruña, Carminha Naveiro; a escritora e académica Marilar Aleixandre; e o exalcalde Martiño Noriega

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo