Compostela Aberta naceu da cidadanía e para a cidadanía e, por iso, temos recollido no noso Código Ético a renuncia explícita dos créditos bancarios e das doazóns de particulares que poidan coartar a nosa independencia política. Por iso a túa achega é fundamental para un proxecto politico libre de presións e intereses externos.
Podes facer unha achega económica trimestral ou puntual nun único pago, mediante domiciliación bancaria. A partir de 15€ e ata un máximo de 2000 € anuais e todas as achegas serán deducibles na túa declaración anual do IRPF, segundo a Lei de partidos políticos. Para realizar unha achega. só tes que completar o seguinte formulario: