Achegas para Eleccións Municipais 2019

Compostela Aberta naceu da cidadanía e para a cidadanía, coa renuncia explícita dos créditos bancarios e do ‘patrocinio’ por parte de grupos empresariais e mediáticos que poidan coartar a nosa independencia política. 

A túa axuda permítenos continuar con este camiño sen ataduras, ante unha lei eleitoral inxusta que ademais nos limita enormemente cun gasto ata tres veces inferior ao dos grandes partidos.

Pero contigo, podemos seguir facendo este cambio honesto, valente e comprometido co futuro de Santiago.

Como podo colaborar?

Nesta campaña 2019 podes axudarnos economicamente de tres formas diferentes.

1) ACHEGA VÍA TRANSFERENCIA BANCARIA

Poder facer unha transferencia directamente, a partir de 15 euros, indicando no concepto “DNI + nome e apelidos + Achega Eleccións 2019”.

Entidade: CAIXA RURAL GALEGA
IBAN: ES28 3070 0035 2962 3209 7425
Rúa Santiago de Guayaquil 1
15702 Santiago de Compostela

Unha vez recibida a transferencia e comprobados que están todos os datos necesarios, enviarase un documento coa conformidade da mesma. A achega non poderá superar os 3.000 euros.

*É moi importante que indiques correctamente os teus datos no concepto da transferencia (nome, apelidos, DNI)

No caso de non estar inscrito como afiliado/a de Compostela Aberta precisamos un correo electrónico como vía de contacto que podes remitir a finanzas@compostelaaberta.org

2) ACHEGA VÍA RECIBO DOMICILIADO

Podes contribuír a partir de 15 euros enviándonos os teus datos no seguinte formulario.

Datos da persoa titular

Datos bancarios

Condicións Xerais

  1. Esta achega económica non confire á persoa doadora ningún dereito nin vencello con Compostela Aberta, nin como inscrita nin como simpatizante, e tampouco ningunha obriga ante as normas internas e estatutos de CA.
  2. O máximo anual para achegas económicas é de 3.000 euros anuais.
  3. Consentimento de orde de domiciliación. Coa aceptación e envío deste formulario autoriza a Compostela Aberta e á súa entidade bancaria a realizar as operacións de cobro mediante adeudos polo importe, frecuencia e na conta indicada no presente formulario.
  4. Protección de datos persoais. De acordo ao establecido na Lei Orgánica 15/1999 de Protección de datos persoais, informamos que enviando este formulario os datos facilitados serán incorporados e tratados nun ficheiro titularidade COMPOSTELA ABERTA para o seu uso exclusivo.

Poderán solicitar a modificación ou cancelación dos mesmos enviando un correo electrónico a finanzas@compostelaaberta.org.

*

3) MICROCRÉDITO

Por último, tamén tes a opción de colaborar con microcréditos persoais que se devolverán como moi tarde no mes seguinte a recibir a subvención correspondente aos resultados das eleccións (arredor de 9 meses a partir do 26 de maio).

O importe mínimo será de 100 € podendo subscribir importes superiores sempre en múltiplos de 50 € até un máximo de 3.000 € por persoa.

Neste documento podes ler máis info sobre o funcionamento destes microcréditos. [PDF]

E aquí o contrato de subscrición de microcréditos de Compostela Aberta. [PDF]

* Lembra que estas achegas a Compostela Aberta entran dentro dos conceptos desgravables ata un 20% na declaración da Renda.

Grazas pola túa confianza!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa a navegar, está dando o seu consentimento na aceptación das devanditas cookies e a nosa política de cookies,Para máis información, faga click no enlace. ACEPTAR

Aviso de cookies