Actualidade
O Concello, en risco de perder prazas da Oferta de Emprego de 2016 se non axiliza os trámites
O grupo municipal de CA insta ao Goberno a iniciar os procesos selectivos e a aprobar as bases da convocatoria que quedaron pendentes Segundo o Estatuto do Empregado Público, a execución das ofertas de emprego público deben desenvolverse no prazo de tres anos...
CA propón un decálogo de medidas para afrontar a emerxencia climática
Jorge Duarte apela ao “papel activo dos Concellos na loita contra o cambio climático, con medidas para reducir o consumo enerxético e a contaminación” Compostela Aberta levará ao próximo Pleno unha moción que recolle un decálogo de medidas que o Concello de Santiago...
Martiño Noriega urxe ao Goberno de Bugallo a iniciar as conversas sobre os orzamentos de 2020
O portavoz ofrécese a achegar as propostas de Compostela Aberta para as contas “aínda que o PSOE non teña os deberes feitos nin o borrador preparado” Noriega lamenta que o Executivo de Bugallo “está totalmente paralizado, vivindo das rendas de CA e da sumisión a...
O PSOE oponse á Renda de Garantía Infantil “porque non hai a certeza de que as axudas foran destinadas ao seu fin”
O Pleno aproba, coa abstención do PSOE, a moción de CA para á recuperación ambiental do río Sar Unanimidade da Corporación para conmemorar o bicentenario do nacemento de Concepción Arenal O PSOE impediu onte, cos seus votos en contra, a aprobación dunha proposición de...
Marta Lois pide a divulgación da figura de Concepción Arenal, no seu segundo centenario
Compostela Aberta propón que o Goberno deseñe unha programación específica para dar a coñecer a obra e o pensamento da escritora, intelectual, penalista e feminista O grupo de CA pide unha nova escultura coa figura da autora, de maior porte que a actual e que ocupe un...
Compostela Aberta solicita o arranxo do pavimento da Costa de San Domingos de Bonaval
O viario presenta un estado deficitario, sobre todo no tramo máis próximo ao Museo do Pobo Galego Compostela Aberta levará ao Pleno do próximo mércores un rogo no que lle solicita ao Goberno Local o arranxo da Costa de San Domingos de Bonaval. O pavimento do viario...
Continúan as queixas veciñais polos horarios dos Centros Cívicos e o peche das aulas de lectura
Compostela Aberta reitera a pregunta sobre o funcionamento destas bibliotecas, desta vez para que sexa respostada de maneira oral no Pleno O peche das biblioteca chegou xa á Comisión Municipal de Queixas e Suxestións, que tamén recibiu reclamacións pola falta de uxier...
Marta Lois insta ao Goberno a impulsar unha Renda de Garantía Infantil que garanta a igualdade das crianzas
CA propón a creación dun instrumento “que permitiría superar o actual programa de bolsas escolares, que viu multiplicado o seu orzamento no pasado mandato” A Renda de Garantía Infantil estaría encadrada na Ordenanza de Garantía Básica Cidadá, na que a capital galega...
Compostela Aberta pregúntalle ao Goberno pola caída do muro da Alameda, que Bugallo se comprometeu a revisar en campaña
O 2 de abril, o actual alcalde realizou unha vista ao Pombal na que sinalou como unha das súas prioridades revisar a seguridade do muro Durante o pasado mandato, elaborouse un informe sobre o estado do talude e atendéronse todas as recomendacións dos técnicos...
CA propón medidas para “favorecer o retorno da nova diáspora e darlle visibilidade durante o Xacobeo”
Branca Novoneyra pide que o Concello cree axudas para empresas e entidades que faciliten a contratación de galegos e galegas no exterior CA quere que a atención aos emigrantes, sobre todo mozos e mozas, sexa un criterio puntuable en axudas municipais e autonómicas...
Duarte pídelle ao Goberno que manteña o mapa de rutas dos autobuses deseñado por CA
O concelleiro lamenta que Bugallo fale dun deseño “caro e demasiado ambicioso, cando o custo do transporte urbano equivale ao 4% do orzamento municipal” Compostela Aberta reclama que o Goberno informe dos seus plans nunha reunión da comisión de seguimento do Pacto...
CA pedirá no Pleno melloras nos campos de fútbol do Sergas e das Cancelas
Rafael Peña lembra que o Goberno de Compostela Aberta deixou aprobado un proxecto para o campo do Sergas, que tiña que ser modificado O grupo municipal de Compostela Aberta pedirá no próximo Pleno que o Goberno acometa melloras nos campos de fútbol do Sergas e das...
Compostela Aberta avoga por manter a programación de Noitevella na Praza do Obradoiro
O grupo municipal de CA formulará unha pregunta oral ao respecto no próximo Pleno da Corporación O grupo municipal de Compostela Aberta vén de rexistrar unha pregunta oral para a súa resposta no Pleno da Corporación en relación á programación que ten prevista o...
O Grupo Común da Esquerda presenta as emendas aos orzamentos da Xunta acordadas con CA
O grupo pedirá case 18 millóns máis para Santiago, para vellas demandas como a Escola Oficial de Idiomas, a ampliación do Conservatorio ou a mellora das partidas da Capitalidade e o Consorcio As emendas pactadas con CA poñen o foco na emerxencia habitacional que vive...
Rafael Peña pídelle ao Goberno que se comprometa a dotar de abastecemento e saneamento aos núcleos urbanos en solo rural
O concelleiro lembra que un estudo realizado en 2018 cifraba en 3,6 millóns de euros o investimento preciso CA presenta unha proposición na que tamén insta ao Goberno a realizar un plan para levar o saneamento a outras zonas do rural ata 2028 Compostela Aberta levará...
Compostela Aberta pide que se executen as obras precisas para abrir os locais de ensaio da Almáciga
O grupo municipal de CA presenta un rogo para demandar a insonorización e ventilación dos locais Compostela Aberta demándalle ao Goberno local que acometa as actuacións necesarias para poñer a disposición da mocidade os locais de ensaio do Centro Xove da Almáciga, que...