Agradecemento a Manuel Dios por catro anos de traballo honesto e comprometido

O noso compañeiro Manuel Dios anunciou esta mañá que non se presentará ás municipais de maio

Como comentou tanto en rolda de prensa como nas súas redes, “cando debatimos en 2015 sobre a limitación de mandatos, eu xa anunciei que, no meu caso, había razóns de sobra para limitalo a un. Entre outras, que non quería cumprir os 70 anos sendo concelleiro e máis aínda cando levo xubilado desde 2013”.

Tamén indicou que “como picheleiro estou moi honrado e agradecido por ser concelleiro de Educación e Cidadanía, así como Deputado Provincial”.

Todo o noso agradecemento polo esforzo e o traballo exercido dende o compromiso e a honestidade nestes catro anos, tanto no Concello como na Deputación

Novas
relacionadas

Moción conxunta para reclamarlle á Xunta que cumpra con Santiago e resolva o caos de tráfico e de falta de aparcadoiro no CHUS

María Rozas, Gonzalo Muíños e Míriam Louzao presentan unha iniciativa para que a Xunta asuma a súa competencia e realice o investimento necesario

“Nos primeiros cen días de Goberno atendimos urxencias como a dos autobuses, recuperamos o diálogo social, e reconducimos o proxecto do Centro de Persoas sen Fogar” 

O Goberno mantivo un encontro cos medios de comunicación para facer balace dos cen primeiros días de mandato

“Para CA, o responsable cos veciños era estar no goberno e aportar estabilidade”

Entrevista a María Rozas, concellería de Dereitos e Servizos Sociais e primeira tenente de alcaldesa

O goberno local estudará de urxencia as posibilidades para atopar unha solución que mellore o servizo de autobuses urbanos

Considera que os recursos do contrato do transporte evidencian a ineficacia do PSOE para realizar os pregos

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo