Aprobados máis de 2 millóns de euros en investimentos para a veciñanza

O Pleno da corporación, cos votos a favor de Compostela Aberta e as abstencións de PP, PSOE e BNG, deu luz verde á proposta do goberno local sobre o destino dos 5,4 millóns de euros de remanentes do 2015.

Así, o Concello de Santiago investirá durante este 2016 con cargo a remanentes un total de 2.190.400,98 euros en investimentos financeiramente sustentables, é dicir, aqueles que teñen unha vida útil superior aos 5 anos. Ademais, deben ser executados, tal e como indica a lexislación vixente, antes do 31 de decembro de 2016.

No Pleno a concelleira de Facenda destacou que “estes proxectos responden a aquelas demandas das asociacións veciñais que foron trasladadas ao Concello durante as máis de 30 xuntanzas mantidas no último ano e que constitúen unha verdadeira auditoría cidadá das necesidades do noso municipio”. María Rozas engadiu que “tamén se vén reflectidas as achegas que os grupos da oposición fixeron durante o proceso de negociación dos orzamentos e que non se puideron incorporar no seu día, co compromiso de facelo con cargo a remanentes”. Ademais sinalou que “o 50% da contía dos remanentes vai destinada a mellora de viarios para así paliar o enorme déficit de mantemento dos últimos anos que agora requiren o arranxo estrutural de moitas rúas da cidade”.

 

Casa das máquinas

Entre os proxectos que se desenvolverán con cargo a remanentes destaca a Fase I da rehabilitación da Casa das Máquinas, un edificio “que leva moitos anos en moi mal estado e cuxo arranxo reclama a veciñanza de Galeras”. A primeira fase deste proxecto está orzamentada en 100.000 euros dun total do proxecto de 375.000 euros.

Tamén se acometerá o acondicionamento do baixo municipal (edificio de EMUVISSA) para abrir a “Casa das Mulleres”, un proxecto que o goberno local tiña incorporado no proxecto de orzamentos e que desbotou “despois do proceso de negociación dos mesmos”, tal e como lembrou a concelleira de Economía e Facenda. Para este proxecto destinaranse 158.510 euros.

 

Mellora de viarios

A maior contía dentro dos investimentos financeiramente sostibles con cargo a remanentes destacan os proxectos de rexeneración de pavimentos de calzada e outras actuacións de mellora en diversos viarios no ámbito urbano e periurbano. Isto permitirá mellorar o estado de diversas rúas da cidade, para o que se destinará un total de 600.000 euros.

Tamén se realizará a reparación da Avenida de Coímbra, cun importe de 60.434,24 euros e a primeira fase da reurbanización da Rúa Cancelas, demanda histórica dos veciños e veciñas do barrio, que suporá un investimento de 95.890 euros dunha obra orzamentada en 192.000 euros.

 

Mellora en instalacións deportivas

O concello destinará un total de 231.430 euros en mellora das instalacións deportivas da cidade. Adicaranse 12.000 euros ao proxecto de acondicionamento de acesos e de accesibilidade ao campo de fútbol e ao pavillón de Santa Isabel. Ademais inclúese un proxecto de obras para a reforma da cuberta do campo de fútbol de As Cancelas valorado en 2.404,72 euros.

Investiranse tamén 7.000 euros na realización de obras de acondicionamento exterior do campo de fútbol de Belvís en todo o relacionado con accesos e mantemento. Destinaranse 110.000 euros na mellora do ximnasio do Polideportivo de Fontiñas e 45.600 no acondicionamento da pista de parqué dos Polideportivos do Restollal e Vite.

 

Rural e Centros Socioculturais

Con cargo aos remanentes de tesourería acometeranse melloras nos viais Reboredo-Enfesta e Reboredo-Lavacolla cun investimento de 31.617,38 e 243.770 euros respectivamente. Finalmente remataranse os accesos ao núcleo San Paio Sabugueira por 9.995,88 euros.

Con cargo a remanentes destinaranse tamén 172.000 euros á mellora e acondicionamento dos Centros socioculturais de Verdía, o antigo colexio Ramón Cabanillas, Trisca e Marantes

Ademais, aprobouse tamén que o Concello destine 1.646.911,95 euros a amortización anticipada de débeda que permitirá aliviar a carga financeira de cara ao próximo exercicio.

faixa_CA_fb_remanentes4

faixa_CA_fb_remanentes3

faixa_CA_fb_remanentes2

Remanentes

 

Novas
relacionadas

María Rozas: “Os remanentes de 2022 son a última demostración de que Bugallo é un alcalde incapaz”

A portavoz de Compostela Aberta cualifica de “escandaloso que o Goberno peche o ano con 24 millóns de euros sen gastar e 14 millóns de gastos pendentes”

María Rozas: “Bugallo tardou demasiado en cesar ao concelleiro de Centros Socioculturais, e debe explicar por que o fai pola porta de atrás”

A portavoz municipal de Compostela Aberta lembra que “a xestión de Javier Fernández leva moitos meses sendo cuestionada, e sobre el pesan graves acusacións de acoso laboral que o alcalde ignorou”

Compostela Aberta pide explicacións sobre o conflito na rede de Centros Socioculturais e a actitude do concelleiro responsable

Compostela Aberta volve reclamarlle ao Goberno que atenda as reclamacións do persoal dos Centros Socioculturais

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo