As mareas municipalistas celebran que o goberno do Estado rectifique na incautación do aforro dos Concellos e reclaman a derrogación total das leis de austeridade

Unha decena de organizacións municipalistas galegas esixen a fin da Lei Montoro e das normativas que secuestran os fondos e a autonomía local: Os concellos non son o banco do Estado

Dez organizacións municipalistas galegas celebran que o Ministerio de Facenda rectifique a súa intención de incautar o aforro dos Concellos e anuncie a supresión da regra de gasto en 2020, permitindo así que os fondos municipais poidan investirse aló onde máis se precisan durante esta pandemia: nos servizos de proximidade á cidadanía. Porén, Compostela Aberta, Marea Atlántica, Marea de Vigo, Ferrol en Común, Sadamaioría, SON de Teo, Ribeiro en Común, Alternativa Canguesa de Esquerdas, a Marea Cidadá de Noia e Veciñanza de Cuntis tamén reclaman que este xesto non quede nalgo puntual, e que se derrogue de xeito inmediato toda a normativa de austeridade que ata de pes e mans aos Concellos, herdada dos gobernos do Partido Popular.

As organizacións que asinamos en agosto un manifesto conxunto para denunciar o ataque á autonomía municipal que supuña o plan da ministra María Jesús Montero, derrotado o pasado xoves no Congreso, volvemos reclamar agora a supresión da Lei Montoro, a desaparición permanente na regra de gasto, e a eliminación de todos os artigos que reducen a autonomía dos Concellos na Lei de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local. 

Desde o municipalismo galego, as organizacións que gobernan ou exercen a oposición en diferentes concellos do país, sempre reclamamos a fin da austeridade, por obrigar ás administracións locais a pagar a crise de 2008, da que non foron responsables. É o momento de facelo, sen dúbidas e de xeito definitivo, sen supeditarse cada ano a negociacións puntuais que acaban por limitar o uso dos fondos municipais. Os concellos están para servir á veciñanza, non para ser o banco do Estado. 

Como sinala o manifesto municipalista do 4 de agosto, “hoxe máis ca nunca os concellos están obrigados a reforzar as súas políticas sociais, axudar aos sectores económicos máis vulnerables e contribuír con políticas audaces ao cambio de modelo que a emerxencia climática esixe. Para todo isto terán que destinar moitos recursos a ámbitos que non son da súa estrita competencia e colaborar con outros niveis administrativos, algo que xa comezaron a facer sen que os gobernos da Xunta e do Estado teñan habilitado fondos extraordinarios para os municipios”. É o momento de corrixir este erro e garantir o axeitado financiamento local.

Arquivado en:FacendaRemanentes
Novas
relacionadas

María Rozas: “Os remanentes de 2022 son a última demostración de que Bugallo é un alcalde incapaz”

A portavoz de Compostela Aberta cualifica de “escandaloso que o Goberno peche o ano con 24 millóns de euros sen gastar e 14 millóns de gastos pendentes”

María Rozas: “O Goberno de Bugallo gastou case cinco millóns de euros sen ningunha fiscalización en 2021”

Marta Lois: “CA apoiará os remanentes de 2021 pero tamén vixiará que se executen. Estes fondos non poden ser só propaganda”

A portavoz de Compostela Aberta recorda que “se o Concello tén 23 millóns de euros de remanentes é porque o Goberno de Bugallo foi incapaz de executar os seus orzamentos en tempo e forma”

Compostela Aberta pide destinar os remanentes a axudas fronte á crise e a obras demandadas pola veciñanza

A portavoz de CA pídelle ao Goberno que “escoite as peticións dos barrios e cumpra os acordos do Pleno”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo