As nosas dúbidas razonables sobre os fogos do Apóstolo

Neste pequeno relatorio explicamos as dúbidas razonables que Compostela Aberta ten sobre como foi a licitación e a execucións dos Fogos do Apóstolo deste ano 2020 e sobre as actuacións do concelleiro Gonzalo Muiños e do alcalde Xosé A. Sánchez Bugallo.
fogos
  • SOBRE A LICITACIÓN:

O espectáculo dos Fogos do Apóstolo saiu a licitación por un importen de 110.000,17 euros máis IVE, e foi adxudicado á empresa Pirotecnia Zaragozana por 88.100 euros. Iso supón unha baixa dun 19 por cento sobre o prezo de licitación, que xa era demasiado baixo segundo denunciara a Asociación Galega de Industriais Pirotécnicos.

A baixa na oferta da empresa Pirotecnia Zaragozana é máis chamativa aínda se temos en conta os datos relativos ao persoal. O informe económico dos pregos para a licitación recollían a necesidade de que no espectáculo traballaran 17 persoas, distribuídas do seguinte xeito.

POSTONº PERSOAS CUSTO DIARIONº DÍASTOTAL
PERSOA ENCARGADA EXPERTA 1165,85 €4663,40 €
ENCARGADO /A 2159,83 €41.278,64 €
EXPERTO/A PERSOAL APRENDIZ- AXUDANTE 5

 

8

155,87 €

 

119,73 €

4

 

4

3.117,40 €

 

3.831,36 €

CHOFER 1ª 1142,07 €4568,28 €
TOTAL    9.459,08 €

A oferta de Pirotécnica Zaragozana fala de 27 persoas:

Deste xeito, a empresa Pirotecnia Zaragozana consegue facer unha oferta un 19% por debaixo do orzamento de licitación, ainda cando ofrece uns custos superiores en persoal.


  • SOBRE A EXECUCIÓN DOS FOGOS

“Desde o primeiro momento xa se fixeron distintas reunións e obviamente vaise reforzar a seguridade, sobre todo neses puntos que se considera que podería haber maior risco, como pode ser onde haxa unha masa forestal, como pode ser Granxa do Xesto ou Monte de Deus. Aí van estar ubicadas dotacións de bombeiros, máis reforzado neste caso na Granxa do Xesto polo distrito forestal que vai ter dúas motobombas. Nós sabemos o que pode acontecer nestas cousas, e obviamente por iso se fan eses Plans de Seguridade, e realmente vaise dotar de suficiente xente, recursos humanos e materiais, para que non aconteza nada”

“Haberá esta noite un dispositivo especial de seguridade, tanto de seguridade pública como de prevención de incendios, e dos servizos de emerxencias. Esperemos que non sexa necesaria a súa intervención, e ogallá todo vaia ben”

“O balance (dos Fogos) é globalmente moi positivo. Tivemos que estar pendentes de facer algún axuste de última hora. De feito o propio venres ás 15.00 horas decidimos suspender dous dos puntos do lanzamento, a partir dun aviso que recibimos da Consellería de Medio Rural. Preferimos actuar coa máxima prudencia posible. Había un amplísimo despregue de seguridade”

  • Avaliada a documentación entregada ao grupo municipal de Compostela Aberta compróbase o seguinte:
    • A Consellería do Medio Rural remite unha notificación ao Concello de Santiago ás 14.45 horas do 24 de xullo, a instancias do avogado da Asociación de Industriais Pirotécnicos referida únicamente á Granxa do Xesto. A Dirección Xeral de Montes confirma, “aos efectos oportunos” a existencia de risco extremo de incendios.
    • A Delegación do Goberno notificou a autorización para o desenvolvemento dos Fogos do Apóstolo ás 18.55 horas do propio 24 de xullo, despois de ter reclamado ata en catro ocasións desde o 20 de xullo que se solventasen diferentes deficiencias na documentación achegada polo Concello. Na notificación da autorización sinálase expresamente que o lanzamento desde a Granxa do Xesto e desde o Monte de Deus non deberan producirse, pero non polo risco de incendios senón polo seguinte:
  • A Lei de Prevención de Incendios Forestais de Galicia sinala no seu artigo 37 que “nos terreos forestais e zona de influencia forestal no caso de que o índice de risco de incendio forestal sexa extremo, o Concello non poderá autorizar a utilización de artefactos que leven aparellado o uso de fogo, fogos de artificio, globos e artefactos pirotécnicos; e no caso de que ó índice de risco diario de incendio forestal sexa extremo o día da celebración, entenderánse revogadas as autorizacións emitidas con anterioridade”. A Consellería de Medio Rural confirmoulle ao Concello a situación de risco extremo de incendio, pero ainda así non se decidiu a cancelación do lanzamento noutros puntos sensibles.
Novas
relacionadas

CA pide explicacións pola falta de mantemento do ascensor de Triacastela

A veciñanza vén denunciando a falta de mantemento e limpeza do ascensor ao longo de todo o mandato

María Rozas: “Queremos que nos aclaren se están en risco fondos europeos para Obras, como recoñeceu Bugallo ao inicio da crise do seu Goberno”

Compostela Aberta levará ao Pleno desta semana a solicitude de comparecencia do novo concelleiro de Obras para que explique as súas prioridades á fronte do departamento e os prazos que manexa para a execución das actuacións pendentes

CA pide explicacións sobre a recepción parcial das obras de Concheiros e o expediente sancionador á empresa que segue sen resolverse

Compostela Aberta pide transparencia “ante as diferentes versións que segue achegando o Goberno sobre as obras de Concheiros”

Marta Lois reclama explicacións despois de que o concelleiro de Obras anunciara que xa está en marcha un expediente á empresa que o alcalde descoñecía onte mesmo

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo