As problemáticas da hostalería e do inicio do curso escolar serán debatidas no Pleno a través de iniciativas de CA

Marta Lois reúnese con Hostelería Compostela e lamenta “a inxusta criminalización do sector, e a falta de respostas áxiles por parte do Goberno Local e da Xunta”
  • María Rozas  inicia unha ronda de xuntanzas coas ANPAs dos CEIPs de Santiago para recoller as súas demandas no inicio de curso

A voceira de Compostela Aberta, Marta Lois, comprometeuse hoxe a levar ao próximo Pleno da Corporación unha serie de medidas que procuran paliar a crise que sofre o sector da hostalería, e en particular do ocio nocturno, un dos máis castigados polas consecuencias da pandemia. Foi no transcurso dunha xuntanza con represetantes da asociación Hostelería Compostela, na que tamén participou o concelleiro Jorge Duarte.

Na reunión, Marta Lois interesouse pola situación que atravesa o sector “que está a ser inxustamente demonizado durante esta pandemia, con medidas máis restrictivas que as que se aplican noutros ámbitos e que supoñen unha auténtica agonía para moitos hostaleiros”. A voceira de CA recolleu as demandas de Hostelería Compostela, e comprometeuse a levar ao Pleno algunhas delas, “particularmente as que son de competencia local, porque vemos que o Goberno de Bugallo segue tardando en reaccionar para dar respostas á crise dun sector fundamental para a economía de Santiago e do que dependen moitas familias”. Nesa liña, lembrou que “foi Compostela Aberta quen tivo que advertir da posibilidade de que os establecementos de ocio nocturno solicitaran unha licenza de actividade complementaria para poder seguir traballando en horario diurno, en virtude dunha ordenanza municipal en vigor e que o Goberno local parecía ignorar”.

Entre outras demandas, Compostela Aberta pedirálle ao Goberno local que aprobe a extensión das exencións das taxas de terrazas e do prezo público da recollida de residuos comerciais e industriais, que incialmente foran acordadas para o tempo de duración do estado de alarma. Para Marta Lois, “é evidente que o sector da hostalería segue sen traballar en condicións dunha mínima normalidade que permita garantir a súa supervivencia, e o Concello debe facer un esforzo para apoiar a este colectivo nestes momentos”. Ademais, CA instará ao Executivo de Bugallo a facilitar outras medidas que contribuirían á recuperación do sector, como a autorización para a instalación de estufas nas terrazas, para que estas poidan funcionar durante os meses de inverno.

A maiores, Marta Lois e Jorge Duarte expresáronlle a Hostelería Compostela o apoio de CA a outras demandas do colectivo que non son de competencia estrictamente local, tales como o levantamento das restricións de horarios ou a prórroga dos ERTEs. Compostela Aberta tamén pedirá que o Pleno inste á  Xunta de Galicia a aprobar axudas directas para os traballadores autónomos da hostalería e exencións nas taxas autonómicas, por ser un dos sectores máis castigados pola pandemia.

Reunións coas ANPAs de Santiago

Compostela Aberta tamén iniciou esta mañá unha ronda de conversas coas ANPAs dos Centros de Educación Infantil e Primaria de Santiago, para recoller as súas inquedanzas neste inicio de curso escolar marcado pola Covid-19.

A concelleira María Rozas, responsable do seguimento dos temas relacionados coa Educación, mantivo unha xuntanza coas representantes da ANPA do CEIP Pío XII, que deron conta, entre outras, das súas demandas en relación á limpeza e mantemento do centro. Neste colexio, un dos que conta con máis alumnado de Santiago, é a propia ANPA a que se xestiona o servizo de comedor escolar, que comezou con normalidade despois de que a asociación se fixera cargo da compra de mamparas e outros elementos de protección como máscaras e xel.

A concelleira tamén recolleu a demanda que formula a ANPA para que o Concello facilite a instalación dun porche cuberto na entrada ao colexio pola rúa  Poza de Bar. Segundo manifestou a Asociación, esta actuación é moi necesaria porque cos novos protocolos para a entrada e saída escalonada do alumnado por mor da Covid-10, serán moitas as nais e pais con fillos en diferentes cursos que teñan que agardar moito tempo ao aire libre, e en meses de chuvias.

Nas próximas semanas, María Rozas tén previsto reunirse coas ANPAs dos demais CEIPs de Compostela para coñecer as preocupacións particulares de cada un dos centros.

Novas
relacionadas

Moción conxunta para reclamarlle á Xunta que cumpra con Santiago e resolva o caos de tráfico e de falta de aparcadoiro no CHUS

María Rozas, Gonzalo Muíños e Míriam Louzao presentan unha iniciativa para que a Xunta asuma a súa competencia e realice o investimento necesario

“Nos primeiros cen días de Goberno atendimos urxencias como a dos autobuses, recuperamos o diálogo social, e reconducimos o proxecto do Centro de Persoas sen Fogar” 

O Goberno mantivo un encontro cos medios de comunicación para facer balace dos cen primeiros días de mandato

“Para CA, o responsable cos veciños era estar no goberno e aportar estabilidade”

Entrevista a María Rozas, concellería de Dereitos e Servizos Sociais e primeira tenente de alcaldesa

María Rozas: “Asinamos un bo acordo para Santiago, que atende ao que nos pediu a veciñanza: un goberno de esquerdas e plural”

Compostela Aberta e BNG asinaron as bases do acordo de goberno transformador para Santiago durante o mandato 2023-2027

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo