A Asamblea de Compostela Aberta refrenda a continuidade transitoria de Martiño Noriega na Institución

A Asemblea de Compostela Aberta votou por aclamación a continuidade de Martiño Noriega baixo o compromiso persoal de iniciar un proceso de transición.


A Asemblea de Compostela Aberta votou por aclamación a continuidade de Martiño Noriega baixo o compromiso persoal de iniciar un proceso de transición. O alcalde en funcións agradeceu a axuda de toda a xente que durante este tempo fixo posible a existencia deste espazo de unidade popular tanto na institución como na rúa. “Os resultados son moito máis negativos do que agárdabamos, non imos escondernos. Pero non esquezamos que nos debemos a máis de 10.000 persoas que confiaron en nós.”

Noriega insistiu en que a posta a disposición na Asemblea da súa acta como concelleiro non era retórica e que a súa continuidade terá un horizonte limitado no tempo que sirva dentro dun proceso de transición. “Este é un espazo que segue en construción e que ten que seguir consolidándose nunha nova etapa diferente.”

Durante a Asemblea tamén se iniciou unha valoración das causas tanto internas como externas que puideron estar detrás do mal resultado nas eleccións do pasado 26 de maio que levaron a Compostela Aberta a pasar de 10 a 5 concelleiras e a conseguinte perda do goberno da cidade. Aínda así, tal como tamén fixo Martiño Noriega, lembrouse que Compostela Aberta segue a ser un espazo chave para a gobernabilidade da cidade, aínda descartándose a posibilidade dun goberno de coalición co PSOE a partir do 15 de maio, data da investidura e formación da nova corporación.

Arquivado en:Martiño Noriega
Novas
relacionadas

María Rozas: “Compostela Aberta é o voto útil para quen queira políticas progresistas en Santiago” 

Compostela Aberta celebrou o seu acto central de campaña na Sala Capitol, no que a candidata estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega

María Rozas: “Compostela Aberta é o único garante de que Santiago non volva aos anos negros do PP nin se manteña no gris de Bugallo”

O exalcalde Martiño Noriega e boa parte da lista electoral participaron no acto de apertura de campaña de CA

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

CA completa unha lista “feminista, apegada aos barrios e o rural, e comprometida co activismo social e a defensa das traballadoras”

María Rozas presenta o segundo tramo da candidatura, que pechan a presidenta do comité de empresa de Zara na provincia da Coruña, Carminha Naveiro; a escritora e académica Marilar Aleixandre; e o exalcalde Martiño Noriega

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo