Facemos balance dos avances na Compostela Social coa Coordinadora Galega de ONGDs

O alcalde e candidato á reelección, Martiño Noriega, e a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, reuníronse esta xoves cos responsables da Coordinadora Galega de ONGDs.


O alcalde e candidato á reelección, Martiño Noriega, e a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, reuníronse esta xoves cos responsables da Coordinadora Galega de ONGDs. A xuntanza serviu para facer balance do mandato e para recoller as propostas que a entidade lle está a facer a todas as organizacións política que concorren ás eleccións municipais en todas as cidades galegas.

A Coordinadora recoñeceu que Compostela Aberta xa tén moito camiño andado nestes catro anos e, de feito, xa cumpriu parte das demandas da organización. Temos feitas dúas convocatorias por concorrencia competitiva das axudas de cooperación ao desenvolvemento, temos creado o Consello Municipal de Cooperación, temos impulsado o programa Compostela + Solidaria como campaña integral de sensibilización e educación da cidadanía, e témonos dotado dun modelo pioneiro de rendición de contas sobre os logros acadados na loita contra a pobreza.

Pero aínda quedan demandas da Coordinadora Galega de ONGs por cumprir, relacionadas co incremento do orzamento destinado á cooperación, coa dotación de fondos extraordinarios para accións humanitarias ou coa elaboración dun Plan Estratéxico de cooperación ao desenvolvemento.

Martiño Noriega e Concha Fernández recolleron estas demandas e comprometéronse a traballar no seu cumprimento no próximo mandato.

Arquivado en:Martiño Noriega
Novas
relacionadas

María Rozas: “Compostela Aberta é o voto útil para quen queira políticas progresistas en Santiago” 

Compostela Aberta celebrou o seu acto central de campaña na Sala Capitol, no que a candidata estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega

María Rozas: “Compostela Aberta é o único garante de que Santiago non volva aos anos negros do PP nin se manteña no gris de Bugallo”

O exalcalde Martiño Noriega e boa parte da lista electoral participaron no acto de apertura de campaña de CA

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

CA completa unha lista “feminista, apegada aos barrios e o rural, e comprometida co activismo social e a defensa das traballadoras”

María Rozas presenta o segundo tramo da candidatura, que pechan a presidenta do comité de empresa de Zara na provincia da Coruña, Carminha Naveiro; a escritora e académica Marilar Aleixandre; e o exalcalde Martiño Noriega

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo