Balance dos cen primeiros días de goberno de Compostela Aberta

  • O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, salientou a “volta á normalidade” e a “recuperación da confianza” da cidadanía na administración local.

Foto de Martiño Noriega: santiagodecompostela.org.
O alcalde de Santiago realizou hoxe un balance dos cen primeiros días de goberno de Compostela Aberta. Martiño Noriega salientou á “volta á normalidade” e a “recuperación da confianza” da cidadanía na administración local froito da interlocución cos barrios e parroquias a través do seu tecido asociativo. Recolléronse, segundo dixo, as súas necesidades e demandas, moitas delas pendentes desde antes do ano 2011.
Noriega tamén se referiu á mellora das relación internas no Concello, e á elaboración dunha auditoría interna para coñecer a situación das arcas municipais. Como aspecto “positivo” destacou a liquidez das contas. Na parte negativa, sinalou que os informes desvelaron o incumprimento do teito de gasto. Nesta liña, incidiu na vontade de transparencia do executivo local na xestión financeira que se está a traducir, segundo explicou, en medidas como a publicación de informes trimestrais.
No documento Cen días de goberno pódense consultar as accións de goberno máis concretas, clasificadas por concellarías.

CEN DIAS DE GOBERNO
 
 
Arquivado en:Martiño Noriega
Novas
relacionadas

María Rozas: “Compostela Aberta é o voto útil para quen queira políticas progresistas en Santiago” 

Compostela Aberta celebrou o seu acto central de campaña na Sala Capitol, no que a candidata estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega

María Rozas: “Compostela Aberta é o único garante de que Santiago non volva aos anos negros do PP nin se manteña no gris de Bugallo”

O exalcalde Martiño Noriega e boa parte da lista electoral participaron no acto de apertura de campaña de CA

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

CA completa unha lista “feminista, apegada aos barrios e o rural, e comprometida co activismo social e a defensa das traballadoras”

María Rozas presenta o segundo tramo da candidatura, que pechan a presidenta do comité de empresa de Zara na provincia da Coruña, Carminha Naveiro; a escritora e académica Marilar Aleixandre; e o exalcalde Martiño Noriega

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo