Branca Novoneyra: “A actividade cultural debe reforzar o sentimento de identidade de Santiago fronte á frustración derivada do turismo masivo”

A concelleira de CA pídelle ao Goberno local que desenvolva unha programación específica nas zonas máis sobreocupadas de turistas “como estratexia para reforzar a cohesión social e o desenvolvemento local” 

Compostela Aberta pedirá no próximo Pleno que o Goberno desenvolva unha programación específica, en colaboración cos colectivos e traballadores culturais da cidade, “como estratexia de rexeneración da calidade de vida nas zonas da cidade afectadas polo impacto do turismo masivo”. A concelleira Branca Novoneyra mostrou o seu convencemento de que “a cultura pode ser unha ferramenta para recuperar os trazos identitarios da vida de Santiago, que están a ser borrados en moitos ámbitos por mor da sobreocupación por parte dos turistas e visitantes”.

Branca Novoneyra lembrou que nos útlimos meses “incrementouse o sentimento de frustración de moitos veciños e veciñas, que veñen avisando do impacto negativo do turismo sobre a súa vida cotiá”. Esta situación dase especialmente na zona vella “onde hai rúas que os residentes perciben como ocupadas polos turistas, como poden ser Carretas, o Franco, as prazas do contorno da Catedral, a rúa de San Pedro ou mesmo a Praza de Abastos”. A concelleira de Compostela Aberta explicou que “fronte a ese sentimento, é preciso aproveitar as potencialidades da actividade cultural como elemento de cohesión social, na liña oposta á tendencia que percibimos na que cada vez se foxe máis de programar nestes espazos”. Nesa liña, apuntou que a propia UNESCO vén de publicar un informe, titulado “Repensar as políticas para a creatividade: propoñer a cultura como un ben público global”, no que sinaloa que “no ámbito das cidades, a cultura e a creatividade cada vez máis percíbense como recursos para o desenvolvemento local, o que favorece o crecemento económico e a innovación e aumenta o atractivo e a cohesión social, así como a participación na vida cultural”. Ademais, Novoneyra apuntou que o último informe da cultura municipal de Santiago tamén se refería “á importante marxe de mellora do conxunto da oferta cultural do municipio á hora de contribuir á estratexia turística local”.

Para Branca Novoneyra, esta programación cultural específica “contribuiría a rexenerar as zonas sobresaturadas de turistas, ao tempo que sería unha fórmula máis para que o sector cultural de Santiago se adapte a contexto derivado da pandemia da Covid-19 e da estanflación da crise enerxética e se garanta o dereito de acceso á cultura de todos os veciños e veciñas”.

PODES CONSULTAR AQUÍ A MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA QUE SE PLANIFIQUE A ACCIÓN CULTURAL COMO ESTRATEXIA DE REXENERACIÓN DAS ZONAS AFECTADAS POLA ACELERACIÓN DO IMPACTO DE TURISMO SEN CONTROL

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina

A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo