Branca Novoneyra: “A programación do Apóstolo é o reflexo dun Goberno sen ideas e sen ganas de traballar”

  • A concelleira de CA lamenta que se perda a oportunidade de promocionar aos artistas locais nas festas, denuncia a ausencia de propostas para a xente moza, e bota en falta grandes nomes do panorama internacional

Branca Novoneyra lamentou hoxe “a escasa ambición e a falta de ideas do Goberno, que se traducen nunha programación do Apóstolo pobre e sen un fío condutor claro”. A concelleira de Compostela Aberta criticou que “o cartel é unha oportunidade perdida para proxectar o noso sector cultural local, pero tamén carece de grandes nomes do panorama estatal ou internacional, como sería de esperar nunhas festas na capital de Galicia e que por mor da pandemia non puideron celebrarse nos dous últimos anos”.

Branca Novoneyra lembrou que “Compostela Aberta leva meses reclamando, mesmo no Pleno, que o Goberno aproveitara as festas para proxectar aos artistas locais e para axudar ao rescate dun sector cultural en precario nestes tempos de crise, e é evidente que esta programación do Apóstolo ignora esa petición”. Nesa liña, a concelleira de CA lamentou especialmente que se suprima o escenario do Toural, “que durante o pasado mandato utilizamos precisamente para os concertos de artistas locais e galegos, en colaboración coa asociación de Músicos ao Vivo”. Non se atende, polo tanto, a proposta de Compostela Aberta que se debaterá no Pleno para que se dedique un orzamento de 250.000 euros á programación con artistas locais.

Programa pobre

Para Branca Novoneyra, a programación presentada onte “tamén é moi pobre no que tén que ver coas propostas internacionais, que se reduce ao concerto de Caléxico, porque as outras bandas programadas son de ámbito estatal independentemente a procedencia dos seus estilos musicais”. A maiores, sinalou, algunhas das actuacións programadas xa se puideron ver recentemente nas salas da cidade. A concelleira tamén cuestionou “a ausencia de propostas pensadas específicamente para a xente moza, que non vai atopar neste programa ningunha oferta de música urbana ou doutros estilos cos que se sente máis identificada”. 

Do mesmo xeito, Novoneyra alertou sobre “o desequilibrio de xénero desta programación, na que aparecen poucas mulleres artistas”. Para a concelleira, “non abonda con manter os puntos lila, é preciso cumprir co indicador da paridade de xénero en todas as programacións culturais e de ocio para apostar verdadeiramente por unha Compostela Territorio das Mulleres”.

Por último, lamentou que se limite a descentralización das festas “con poucas propostas nos barrios como as que impulsamos durante o pasado mandato”. Pola contra, Branca Novoneyra agradeceu que o Goberno “tivera en conta outra das demandas que levamos meses formulando desde Compostela Aberta para que se inclúan actividades nos parques e zonas verdes de Santiago”.

Novas
relacionadas

Compostela Aberta e BNG reclámanlle á Xunta que actúe de maneira urxente na recuperación ambiental da canteira de Miramontes

Os dous grupos do Goberno levarán ao próximo Pleno unha moción conxunta para que a Corporación apoie as reivindicacións da Plataforma de Afectadas pola Canteira de Miramontes e FERUSA tras a sentenza que confirma un delito contra o medio ambiente no complexo da Grixoa

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo