Branca Novoneyra: “O Goberno de Bugallo demostrou unha absoluta falta de interese e unha total desconexión coa mocidade”

A concelleira de Compostela Aberta reclamará no Pleno que o Goberno “transparente a súa folla de ruta para o Plan Municipal de Xuventude, e que consensúe cos colectivos de mozos e mozas a programación do Centro Xove da Almáciga”

A concelleira de Compostela Aberta Branca Novoneyra denunciou hoxe “a absoluta falta de compromiso e de interese do Goberno de Bugallo polas políticas dirixidas á mocidade, que se traduce en que vai finalizar o mandato sen que se teña elaborado o Plan Municipal de Xuventude, sen que se teña impulsado un programa ambicioso e consensuado no Centro Xove da Almáciga, e sen que se teñan deseñado accións transversais para atender as necesidades de emprego, vivenda, educación e acceso á creación cultural das mozas e mozos de Santiago”. Por iso, CA levará ao próximo Pleno unha moción na que insta ao Goberno “a reaccionar, a activar o departamento de Xuventude, e a render contas do feito por esta concellería”.

A moción se que se vai debater no Pleno da próxima semana insta ao Goberno a facilitar información escrita sobre o nivel de execución desagregado das partidas dependentes do Departamento de Xuventude, unha petición que CA xa formulara no Pleno hai xusto un ano; e a transparentar a súa folla de ruta para o desenvolvemento do Plan de Xuventude. Branca Novoneyra lembrou que “xa en 2020 a Corporación aprobara unha proposta de Compostela Aberta para reclamar a elaboración e dotación orzamentaria dun Plan Municipal de Xuventude que implicara transversalmente a todas as áreas do Goberno, este Plan foi finalmente incluído nos orzamentos de 2022 a petición de CA, cunha partida de 35.000 euros para unha primeira fase”. 

Centro Xove da Almáciga, “desconectado da mocidade”

Ademais, na moción reclámase que o departamento de Xuventude publique unha convocatoria aberta para que diferentes colectivos de mozos e mozas poidan desenvolver as súas actividades e procesos culturais no Centro Xove da Almáciga durante o primeiro semestre de 2023; e que abra un proceso de diálogo con estes colectivos para elaborar un programa formativo consensuado e ambicioso neste espazo. Branca Novoneyra lembrou que “ao Centro Xove da Almáciga dedícase un orzamento de máis de 140.000 euros anuais, pero como vimos denunciando a súa programación non responde ás expectativas da mocidade, que se sente desvinculada do espazo”. Nese sentido, a concelleira lamentou que “a programación que vén de presentar o concelleiro Rubén Prol demostra a falta de reacción do Goberno fronte ás críticas, e a súa incapacidade para introducir os cambios que se demandan no servizo, e tamén que o edil está desconectado e non fala coa xente da súa idade”. Para Novoneyra, “é incomprensible que un espazo con este orzamento se dedique a pouco máis que ás clases de guitarra e canto”.

Por último, CA demandará no Pleno que o Goberno posibilite a publicación dun catálogo de recursos municipais para que a mocidade de Compostela poida planificar e desenvolver proxectos en rede, “aproveitando todo o territorio municipal e sen esquecer o rural”.

PODES CONSULTAR AQUÍ A MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA IMPULSAR DE FORMA URXENTE O PLAN MUNICIPAL DE XUVENTUDE E UNHA CONVOCATORIA DE PROXECTOS PARA DESENVOLVELOS NO CENTRO XOVE DA ALMÁCIGA

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina

A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo