Branca Novoneyra: “Os pregos para a licitación dos centros socioculturais son unha bomba de reloxería e o Goberno debe retiralos”

Compostela Aberta lamenta “a falta de dirección política no departamento” e sostén que “é evidente que ningún concelleiro do Goberno se parou nin un minuto a avaliar as condicións do contrato”
  • O servizo da xestión da rede de CSCs saiu a licitación en catro lotes que non gardan coherencia entre eles, e todo apunta a que haberá problemas coa subrogación do actual persoal

Compostela Aberta advertiu hoxe “dos erros, incongruencias e anomalías que presentan os pregos do servizo de xestión da rede de centros socioculturais” e urxiu ao Goberno de Bugallo a revisalos e a paralizar a licitación en marcha. A concelleira Branca Novoneyra mostrou o seu convencemento de que “o procedemento en marcha vai derivar en importantes percances para o Concello de Santiago, que aínda se poden evitar se o Goberno asume a situación e corrixe os pregos, que son unha auténtica bomba de reloxería”.

O Goberno local acordou o inicio da licitación do servizo de xestión da rede de centros socioculturais o pasado 25 de outubro, e optou por dividir o contrato en catro lotes: animación sociocultural, bibliotecas, atención ao público e novas tecnoloxías. En total, o servizo suporá un custo de 2,6 millóns de euros anuais, e o contrato prevé adxudicarse por un prazo de dous anos. Branca Novoneyra explicou que “unha simple lectura dos pregos permite detectar numerosas imprecisións e incoherencias nesa documentación, erros que se poderían ter evitado cun mínimo de atención e reflexión por parte do concelleiro delegado”. De aí o rogo que CA levará ao Pleno do xoves instando ao Goberno a paralizar o procedemento de contratación, “algo que xa debera ter feito desde que rexistramos esta solicitude, hai xa unha semana”.

Licitación en catro lotes sen coordinación entre eles

A concelleira de Compostela Aberta explicou que nos pregos “existen erros difícilmente explicables, como o feito de que os horarios de abertura que se prevén no lote relativo á atención ao público non coincidan cos horarios establecidos no lote da animación sociocultural, nin tampouco cos horarios das bibliotecas dos centros”. Tamén en relación aos horarios, os pregos suporán o peche pola mañá de centros de cabaceira como Santa Marta, Fontiñas, Vite ou Conxo, así como o peche os sábados de tarde de todos os centros. Ademáis, Novoneyra criticou que no lote relativo á atención ao público se contemple a instalación dun dispositivo de cámara dual en tres centros socioculturais para o control do aforo, “un sistema que semella inapropiado, que mesmo podería vulnerar os dereitos das persoas usuarias, que se anuncia dunha maneira imprecisa sen concretar sequera en que centros se vai utilizar, e co que o Goberno parece confundir o traballo de animación sociocultural co dunha empreas de seguridade”.

Branca Novoneyra referiuse, ademais, a erros nos cadros que marcan as horas de animación sociocultural en centros como o das Fontiñas, a informacións contradictorias en cuestións como os meses de apertura das aulas de novas tecnoloxías “que nunhas partes dos pregos se fixan en nove meses e noutras en once”, ou á pouca concreción no reparto de determinadas tarefas como a xestión das redes sociais ou da web de centros socioculturais. Tamén sorprende, apuntou a concelleira, “que no prego do lote relativo ás bibliotecas “cítase a Casa das Asociacións de Cornes no obxecto do contrato, pero despois este equipamento nin sequera aparece os cadros nos que se detallan as horas de servizo”

Problemas de persoal

En relación ás condicións do persoal, a concelleira de CA explicou que os pregos falan da contratación de 14 persoas para a atención ao público na rede de centros, “pero as horas previstas para estes traballadores e traballadoras parecen indicar que estarán contratados a media xornada, nunha decisión que é cuestionable en termos de precarización pero que ademais podería incumprir o deber de subrogación do persoal nas súas condicións actuais”. Ademais, no caso da bolsa de horas para actividades extraordinarias de animación sociocultural figura un orzamento de pouco máis de 11€/hora, “unha cantidade coa que parece difícil que se poida facer unha contratación de calidade de persoal especializado, tendo en conta que ese sería o  prezo a pagar á empresa e non directamente ao traballador ou traballadora. En termos máis xerais, Branca Novoneyra cuestionou o punto dos pregos administrativos relativo á subrogación do persoal “porque tal e como está redactado semella que non existe seguridade na sucesión”.

Ademais, a concelleira cuestionou “as esixencias de solvencia económica que son moi elevadas, e que non teñen en conta a situación de crise para o sector cultural da que vimos, polo que é probable que a este concurso só poidan concorrer grandes empresas multinacionais”.

Falta de dirección política

Para Novoneyra, “os pregos do servizo de xestión dos centros socioculturais demostran que ningún membro do Goberno puxo a cabeza neste asunto, e evidencian que falta dirección política nesta área”. A concelleira de Compostela Aberta sinalou que o concelleiro responsable deste departamento, Javier Fernández, “leva semanas no punto de mira pola súa lamentable xestión á fronte da concellería de Obras, hai asociacións veciñais que xa piden a súa dimisión, e moito nos tememos que ese clamor non vai máis que ir a máis co que o edil está a facer nesta outra área da que é responsable”. Novoneyra téno claro: “É evidente que o concelleiro asinou pero non leu os pregos, ou cando menos non fixo lectura comprensiva”.

PODES LER AQUÍ O ROGO DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA QUE O GOBERNO MUNICIPAL E RETIRE OS PREGOS E A LICITACIÓN DA XESTIÓN DA REDE DE CENTROS SOCIOCULTURAIS PARA A SÚA REVISIÓN, RECTIFICACIÓN E MELLORA

Novas
relacionadas

María Rozas asina o acordo entre o Foro Cívico e as forzas políticas municipais para atender os retos de Santiago  

A candidata de Compostela Aberta cualifica de “moi positivo que se poña o foco sobre cuestións que van alén das grandes infraestruturas, e das que CA leva falando xa moitos anos como a gobernanza o turismo”

Compostela Aberta é a única formación que tén publicado e accesible o seu programa electoral

María Rozas aféalle a PSOE, PP e BNG que leven días “falando de propostas duns programas que non se sabe onde están nin que compromisos firmes incorporan”

CA esixe explicacións tras coñecerse que o local de Desproi alugado polo exconcelleiro Pichel desenvolvía a súa actividade sen título municipal

O Goberno vén de ordenar a paralización da actividade no edificio nun decreto asinado o 17 de abril

Compostela Aberta pídelle ao Goberno que medie no conflito do lixo

María Rozas e Xan Duro reuníronse esta tarde co Comité de empresa de Urbaser “que leva meses advertido do incumprimento dos seus dereitos, ante a inacción de Bugallo”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo