Branca Novoneyra pídelle ao Goberno que actualice o Mapa Literario de Santiago

A concelleira de Compostela Aberta sostén que esta ferramenta “facilitaría un especial acompañamento e promoción do sector do libro nestes momentos de crise”

Compostela Aberta pedirá no próximo Pleno a actualización do Mapa Literario de Santiago, impulsado durante o pasado mandato. A concelleira Branca Novoneyra explicou que este recurso “ten un grande interese para o sector cultural da cidade, mais en concreto para as librarías e editoras que precisan dun apoio e dun acompañamento especial no actual contexto e despois da pandemia”.

Branca Novoneyra explicou que esta ferramenta “é moi útil para referenciar ao sector do libro en Santiago, pero precisa dunha actualización para seguir estando vixente”. Así, a concelleira de Compostela Aberta pediu que se renoven os contidos relativos a autores e autoras, a librarías e a editoras, e que se incorporen novos itinerarios literarios aos tres cos que naceu o Mapa (Itinerario das Irmandades da Fala, Itinerario Scorpio e Itinerario Carlos Casares). Ademais, reclamou que se activen as redes sociais asociadas ao mapa para facilitar a produción de contidos vinculados ao mapa, e que se elaboren unidades didácticas para que poidan ser aproveitadas nos centros educativos de Santiago.

O Mapa Literario de Santiago foi impulsado durante o pasado mandato, aproveitando a participación de Compostela como cidade invitada  na Feira do Libro de Bos Aires, e difundiuse tanto en papel como a través dunha páxina web e dunha APP. O proxecto está pensado “para os que queren descubrir a capital galega a través da literatura”, e por iso nel recóllense, xeolocalizados, lugares vinculados a 14 autores, algúns deles actuais como Suso de Toro, Teresa Moure ou Diego Ameixeiras, e outros que forman parte da historia da literatura como Rosalía de Castro, Valle-Inclán ou mesmo Federico García Lorca. Ademais, no Mapa recóllense as referencias ás librarías, editoras e mesmo bibliotecas de Santiago.

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina

A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo