Branca Novoneyra pídelle ao Goberno que axilice os traballos para a elaboración do Plan Municipal de Xuventude

A concelleira de Compostela Aberta lembra que este foi un compromiso incluído no acordo para a aprobación dos orzamentos municipais deste ano

Branca Novoneyra urxe ao Goberno local a poñer en marcha o Plan Municipal de Xuventude durante este ano, “para darlle cumprimento a unha das cuestións incluída no acordo asinado entre o PSOE e Compostela Aberta para a aprobación dos orzamentos municipais”, A concelleira de Compostela Aberta lembra que “xa imos con moito atraso, porque xa en decembro de 2020 a Corporación municipal aprobara unha moción con esta demanda”.

Os orzamentos municipais de 2022 inclúen unha partida de 35.000 euros para a redacción do Plan de Xuventude. Dábaselle cumprimento así ao acordo asinado  entre o goberno municipal e Compostela Aberta o 18 de xaneiro deste ano 2022, que facía referencia á elaboración do Plan Municipal de Xuventude, porque “a mocidade é un dos sectores poboacionais máis afectados pola pandemia, e urxen respostas, tamén por parte da administración municipal.”  Con esta demanda de CA, explicou Branca Novoneyra, “o noso grupo municipal trataba de resolver unha cuestión que o Goberno viña desatendendo, e que xa lle tiñamos reclamado en decembro de 2020 e en decembro de 2021”. 

Para Branca Novoneyra, “xa non hai máis escusas para que o Goberno nn poña en marcha os trámites necesarios para desenvolver o Plan Municipal de Xuventude, e moito nos tememos que non lle dea cumprimento a este acordo se non os inicia canto antes, tendo en conta que estamos xa ás portas do verán”. Por iso, a concelleira de CA preguntará no próximo Pleno polos prazos que estima o Goberno “para cumprir o compromiso asinado hai xa cinco meses con Compostela Aberta”.

Documentación
relacionada
Pregunta do grupo municipal de Compostela Aberta sobre a licitación do plan municipal de xuventude
Novas
relacionadas

Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina

A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.

O Pleno de Santiago debaterá unha moción conxunta de CA e BNG para rexeitar o proxecto de Altri

Os dous grupos do Goberno solicítanlle á Xunta que emita un informe negativo a ese proxecto industrial contaminante pola súa afectación ambiental, patrimonial e económica

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo