Branca Novoneyra pídelle ao Goberno que “escoite ao sector e repense as localizacións dos artesáns de rúa”

A concelleira de Compostela Aberta reclama que se habiliten máis postos na Praza da Inmaculada “porque o verán está demostrando que Salvador Parga non é unha boa alternativa”

Branca Novoneyra instou hoxe ao Goberno local a “escoitar ao colectivo dos artesáns de rúa, e a modificar a as localizacións elixidas para que traballen na zona histórica”. A concelleira de Compostela Aberta explicou que o número de postos autorizados polo Concello “é  insuficiente, e a súa distribución é manifestamente mellorable, tal e como os artesáns denunciaron desde o primeiro momento, e tal e como están a demostrar estas semanas do verán”. CA reclamará no Pleno de setembro o aumento do número de autorizacións e unha mellor organización “que permita as rotacións entre as prazas da Inmaculada e Cervantes, prescindindo dos postos da solitaria praza de Salvador Parga”.

A Xunta de  Goberno vén de autorizar a venda de artesanía na vía pública a 17 persoas. Delas, cinco postos están na praza da Inmaculada, tres en Cervantes e oito en Salvador Parga. Branca Novoneyra incidiu en que “é evidente que Salvador Parga non é un lugar acaído para as actividades de rúa, porque é moito menos concorrido que outros lugares da zona vella e os artesáns non atopan suficiente retorno”. A concelleira sinalou que “o propio colectivo advertiu desde o inicio que esa localización non era a máis apropiada, pero o Goberno de Bugallo optou por desoír todas as críticas e convertir este punto no de maior presenza de artesáns de rúa”.

Recollendo as queixas dos  e das artesás, Compostela Aberta pedirá no próximo Pleno que se recuperen os postos que foron suprimidos polo  Goberno de Bugallo, e  que se incrementen as autorizacións para a  praza da Innaculada e Cervantes. Para Branca Novoneyra, “o Goberno debe  dar marcha atrás con esta normativa que en ningún momento foi consensuada, malia a que era evidente que a expulsión dos artesáns do Obradoiro e da zona de Correos ía xerar conflitos que se poderían mitigar cun mínimo de diálogo e pensando tamén nos intereses do colectivo”. CA trasladará ao Pleno as peticións concretas dos artesáns e artesás, que piden a autorización de nove postos na Inmaculada e de catro en Cervantes, así como a ampliación ata final de ano dos permisos outorgados para que o colectivo poida seguir traballando.

Novas
relacionadas

María Rozas: “Os remanentes de 2022 son a última demostración de que Bugallo é un alcalde incapaz”

A portavoz de Compostela Aberta cualifica de “escandaloso que o Goberno peche o ano con 24 millóns de euros sen gastar e 14 millóns de gastos pendentes”

Branca Novoneyra: “O Goberno de Bugallo ten unha última oportunidade para autocorrixirse e apostar polos artistas locais na programación das festas”

Compostela Aberta leva ao Pleno unha moción para esixir un plan de contratación de artistas e empresas culturais locais para a Ascensión e o Apóstolo, cunha dotación mínima de 250.000 euros

Marta Lois: “O Goberno non pode permitir que sigan pechados máis de 40 postos da Praza de Abastos”

Compostela Aberta propón a convocatoria dun concurso, acompañado dunha liña específica de axudas, para darlle un uso aos espazos desocupados do mercado, priorizando proxectos de economía social e que permitan a inserción laboral de persoas desempregadas de longa duración

María Rozas: “Bugallo cambiou un centro para persoas sen fogar por un edificio de despachos poñendo en risco un millón de euros de fondos europeos”

Compostela Aberta pedirá explicacións no Pleno sobre o modelo do Centro de Inclusión “do que a concelleira de Políticas Sociais non informou ás entidades sociais que traballan en Santiago”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo