Branca Novoneyra pídelle ao Goberno que impulse residencias de creación e pensamento con peregrinos e peregrinas

CA levará ao Pleno unha proposición para que o Concello “innove nas políticas de posta en valor do Camiño de Santiago e aproveite o saber das persoas que o percorren”
  • A concelleira lembra que “aínda non coñecemos propostas concretas do Goberno de cara ao Xacobeo, máis alá da súa vontade de colaboración coa Xunta

Branca Novoneyra defenderá no Pleno da próxima semana unha proposición na que Compostela Aberta insta ao Goberno local a impulsar un programa de residencias de creación e pensamento, “para acoller o talento que a capital galega recibe polos diferentes Camiños de Santiago”. A concelleira explicou que a proposta “aséntase na necesidade de innovar nas políticas de posta en valor das rutas xacobeas, e máis ante a proximidade do próximo Xacobeo”.

Branca Novoneyra recordou que o Camiño de Santiago “foi e segue sendo unha vía para o diálogo entre diferentes pobos e culturas, a través das peregrinas e peregrinos que chegan a Compostela despois de atravesar un territorio diverso e multicultural, máis de 327.000 o ano pasado”. A concelleira tamén lamentou que, tal e como se recolle no primeiro informe anual da Cultura en Santiago, “só o 0,8 por cento dos visitantes que chegan á nosa cidade fano para asistir a un evento cultural, unha tendencia que é preciso reverter e ao que podería contribuír repensar a acollida das persoas que chegan a Compostela a través dos camiños de peregrinación”. Nesa liña, incidiu en que “as persoas peregrinas teñen unhas expectativas diferentes a dos turistas, chegan a Santiago cunha experiencia diferente, cun proceso de apertura vital e espiritual moi potente, que de seguro quixeran compartir a través dunha canle como serían estas residencias”

Compartir o saber das persoas peregrinas

O obxectivo da proposición presentada hoxe é que “as peregrinas e peregrinos con talento compartan o seu saber e a súa experiencia profesional e vital cos colectivos culturais e sociais de Santiago”. Nesa liña, Branca Novoneyra formulou algunhas opcións como “a celebración de encontros con peregrinas investigadoras na Casa das Mulleres Xohana Torres; con educadoras e educadores que poidan compartir as súas experiencias coas ANPAS de Compostela; ou con artistas que poidan desenvolver obradoiros coas asociacións do sector en espazos emblemáticos como o Teatro Principal, a Fundación Granell ou o Museo do Pobo Galego”. 

A concelleira sinalou que “para planificar e darlle visibilidade a esta iniciativa, o Concello podería procurar a colaboración de institucións como a Universidade de Santiago, o Consello da Cultura Galega ou a Xunta de Galicia”. Ao respecto, Branca Novoneyra advertiu que “ímonos achegando ao Xacobeo e non coñecemos ningunha proposta concreta do Goberno local, máis alá da súa vontade de colaboración coas propostas que partan do Goberno Galego”,  e incidiu en que “estas residencias poderían ser unha primeira proposta de programación propia do Concello en relación ao 2021”.

PODES CONSULTAR AQUÍ A PROPOSICIÓN DE CA PARA IMPULSAR UN PROGRAMA DE RESIDENCIAS DE CREACIÓN E PENSAMENTO PARA ACOLLER O TALENTO QUE RECIBIMOS POLOS CAMIÑOS DE SANTIAGO 

Novas
relacionadas

Compostela Aberta denuncia o fracaso da convocatoria de axudas para actividades culturais, con só tres entidades beneficiarias

Branca Novoneyra reclama un plan de formación para as asociacións culturais, “porque non é asumible que só 3 entidades reciban este tipo de axudas e queden sen gastar 30.000 euros”

Xan Duro: “A concelleira de Deportes dá cada semana unha nova mostra de que non está á altura do cargo”

CA pide a creación dun Foro Cidadán para a Convivencia e dun Observatorio de Sustentabilidade Turística vinculados aos orzamentos de Incolsa

Marta Lois leva ao Consello de Administración da entidade varias propostas “para que Incolsa sexa un instrumento útil para a gobernanza do turismo e non se limite á promoción”

Jorge Duarte: “En trinta meses de mandato, o Goberno do PSOE non fixo nada para viabilizar a música ao vivo nos locais de hostalería”

Compostela Aberta volverá pedir no Pleno unha ordenanza municipal que protexa “a riqueza e singularidade cultural de Santiago”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo