Branca Novoneyra reclama a convocatoria urxente das axudas municipais para actividades culturais

A concelleira de Compostela Aberta advirte do risco de que se repita “o fracaso do ano pasado, con só tres asociacións beneficiarias das subvencións e milleiros de euros perdidos” 
  • CA tamén pedirá no Pleno que se retome a publicación dunha axenda cultural

A concelleira de Compostela Aberta Branca Novoneyra reclamoulle hoxe ao Goberno “que publique coa maior urxencia a convocatoria das axudas para actividades culturais deste ano, para evitar que se repita o fracaso de 2021”. Novoneyra alertou da preocupación do sector, “que continúa sen recuperarse por completo dos efectos da pandemia da Covid-19, e que, polo tanto, está a ter máis dificultades para continuar programando fóra do ámbito institucional ou con independencia destas axudas públicas”.

Branca Novoneyra sinalou que “unha vez que entrou en vigor o orzamento de 2022, o Goberno non tén desculpas para non aprobar e publicar a convocatoria de axudas culturais, aprendendo dos erros que cometeu o ano pasado”. A concelleira de CA lembrou que en 2021 só tres entidades asociativas foron beneficiarias destas subvencións, de forma que se gastaron menos de 10.000 euros dos case 50.000 que estaban consignados. No caso das empresas, apuntou, “foron moitas as que desistiron das axudas, porque non podían desenvolver as actividades no prazo que dera o Concello para xustificar as subvencións, tan só dez días”. A maiores, incidiu, as axudas concedidas non están abonadas a día de hoxe.

Para a concelleira, “o Goberno non pode relaxarse como fixo o ano pasado, porque a realidade é que o sector cultural empeza a recuperarse agora dos efectos da Covid e das limitacións de aforos, e ainda non ten capacidade real para retomar o modelo de financiamento que se estaba a impulsar antes da pandemia, baseado no incremento de públicos e contidos”. O idóneo, sinalou, sería que a convocatoria estivera realizada “con prazo abondo para que as asociacións e empresas poidan programar no verán”.

Axenda Cultural 

No Pleno desta semana, Branca Novoneyra tamén defenderá unha moción na que lle pide ao Goberno que retome a publicación dunha axenda cultural, tanto dixital como en papel, que recolla todas as actividades que se programan en Santiago, para favorecer a participación cultural e para aumentar a coordinación no sector. A concelleira explicou que “este instrumento é fundamental para unha mellor difusión da actividade cultural, que ainda está afectada pola interrupción brusca e prolongada da participación nestes actos por mor da pandemia”.

Novoneyra lembrou que no pasado mandato existía esta axenda en papel, a Compostelánea, froito da colaboración entre os departamentos de Acción Cultural e Turismo, “e a recuperación deste modelo sería moi interesante, neste momento no que o contacto social ainda non está plenamente recuperado e iso dificulta que flúa a información sobre os actos na cidade”. Ademais, a concelleira sinalou que “en ocasións existe certa contraprogramación, por falta de coñecemento e coordinación entre o que fan as institucións públicas e entidades privadas ou asociativas, algo que unha axenda deste tipo contribuiría a paliar”.

Documentación
relacionada
ROGO DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA POLA PRONTA PUBLICACIÓN DAS AXUDAS A EMPRESAS E ENTIDADES SEN ÁNIMO DELUCRO PARA DESENVOLVER ACTIVIDADES CULTURAIS DURANTE O 2022
Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina

A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo