Branca Novoneyra reclama un plan de formación “que lle facilite ao sector cultural o acceso ás axudas dos fondos europeos Next Generation”

A concelleira de Compostela Aberta sinala que “estas subvencións abren un espazo de oportunidade tras dous anos de profunda crise para o tecido cultural”
  • CA pide que as axudas municipais a actividades culturais sexan compatibles cos proxectos europeos, e que non se repitan os erros da pasada convocatoria

Compostela Aberta solicitará no próximo Pleno a posta en marcha dun programa de formación dirixido a empresas, asociacións e persoas vinculadas co tecido cultural, co obxectivo de facilitarlles o acceso ás convocatorias de fondos europeos Next Generation. A concelleira Branca Novoneyra incidiu en que “a delicada situación que atravesa o sector desde o comezo da pandemia obrígao a captar financiamento en distintos niveis institucionais para garantir a  súa supervivencia e, ao tempo, o dereito de acceso á cultura da cidadanía”.

Branca Novoneyra lembrou que o da cultura foi un dos sectores máis afectados pola crise derivada  da pandemia da Covid-19, “unha situación que está lonxe de revertirse e á que agora tamén se suman os efectos da crise enerxética”. Fronte a isto, indicou a concelleira, “ábrese un espazo de oportunidade grazas aos fondos europeos Next Generation, con convocatorias que pretenden xerar novas actividades e procesos culturais para favorecer a creación de emprego”. Novoneyra referiuse, en concreto, ao proxecto “Cultura Emerxente”, “que  ten a particularidade de estar orientado á mulleres e persoas menores de 40 anos, e que atende a cuestións como a inclusión, a igualdade ou a sustentabilidade nas industrias culturais e creativas”. 

A concelleira de Compostela Aberta sinalou que “a participación nestas convocatorias presenta certa complexidade, e entendemos que o Concello debe ter un papel activo para que os potenciais beneficiarios reciban a axuda que garanta o seu acceso ás axudas europeas”

Axudas municipais

Ademais, Branca Novoneyra insta ao Goberno local “a planificar a convocatoria das axudas municipais para entidades culturais, tanto para profesionais como para asociacións, de xeito que sexan compatibles cos fondos europeos, e tamén de maneira que non se repitan os erros de 2021”. A concelleira lembrou que o ano pasado “só tres entidades asociativas foron beneficiarias das subvencións para actividades culturais, de xeito que se perderon case 40.000 euros dos 48.500 orzados para a connvocatoria; e tamén foron moitas as empresas que desistiron da solicitude por unha cuestión de prazos”. Tal e como denunciara Compostela Aberta, as axudas quedaron resoltas o 19 de outubro, e o prazo para xustificalas rematou só dez días despois, o 29 de outubro, “un prazo inasumible, porque moitas empresas non quixeron desenvolver a actividade sen ter asegurada a subvención municipal”.

No próximo Pleno, Compostela Aberta defenderá unha moción na que insta ao Goberno local a programar unha formación intensiva dirixida por unha banda a empresas e pola outra a mulleres, persoas menores de 40 anos, membros de asociacións culturais e outras persoas vinculadas co sector da cultura, interesadas en captar financiamento dos fondos europeos Next Generation. Ademais, CA reclama que a convocatoria das axudas das actividades culturais deste ano “sexan compatibles coas subvencións para o sector cultural galego vinculadas á próxima implantación dos fontos Next Generation”.

Documentación
relacionada
MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA MOCIÓN POLA COMPATIBILIDADE DAS AXUDAS PARA ACTIVIDADES CULTURAIS MUNICIPAIS COS PROXECTOS MARCO RELACIONADOS COS FONDOS EUROPEOS «NEXT GENERATION»
Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina

A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo