Bugallo incumpre o regulamento municipal e tén pendentes de responder unha vintena de preguntas e solicitudes de información rexistradas por CA

  • A concelleira María Rozas denunciou que o Goberno local segue obstaculizando o labor da oposición e o acceso á información por parte da veciñanza

O Goberno local ten pendentes de responder  unha vintena de preguntas e solicitudes de información formuladas polo grupo municipal de Compostela Aberta, algunhas delas desde o ano 2021. Denunciouno hoxe María Rozas, que lle pediu a Bugallo “que aclare cales son os seus temores e por que obstaculiza o labor da oposición nun mandato que se está a caracterizar por un enorme retroceso en materia de transparencia”. Nesa liña, a concelleira de CA explicou que o Goberno do PSOE tamén mantén sen actualizar a páxina web municipal en apartados que conteñen importante información como a relación de contratos menores.

O Goberno de Bugallo ainda non respondeu a dúas preguntas e oito solicitudes de información rexistradas por Compostela Aberta no ano 2021, así como a seis preguntas e cinco solicitudes de información presentadas no que levamos de 2022. O regulamento municipal fixa o prazo dun mes para que o  Goberno atenda as preguntas por escrito rexistradas polos grupos da oposición. As cuestións formuladas polo grupo municipal de CA ás que aínda non respondeu o equipo de Bugallo refírense a temas diversos, como o desenvolvemento da estratexia EDUSI, o proxecto da gasolineira de Brandía, as obras de Concheiros, ou diferentes actuacións da Policía Local.

María Rozas lembrou que no Pleno de abril, Compostela Aberta xa presentara unha moción, que foi aprobada co apoio de todos os  grupos da oposición, para reclamarlle a Bugallo que adoptara as medidas oportunas para garantir o dereito de acceso á información por parte da veciñanza e dos grupos da oposición. A concelleira de Compostela Aberta lamentou que “transcorridos cinco meses desa  sesión, o Goberno local segue sen cumprir o regulamento orgánico municipal e ignorando os acordos plenarios, algo ao que lamentablemente xa estamos afeitas neste mandato”.

Bugallo ignora os acordos plenarios

Rozas denunciou que “o Goberno non só segue ignorando as preguntas formuladas pola oposición, senón que tamén continúa dificultando o acceso á información a través da web municipal”. Nesa liña, explicou que, igual que en abril, “no portal municipal seguen sen publicarse cuestións relevantes como os últimos informes da Comisión Especial de Reclamacións e Suxestións, e a relación de contratos menores non está actualizada ainda a estas alturas cos datos do segundo trimestre do ano”.

A concelleira de Compostela Aberta insistiu en que “este mandato está a supoñer un absoluto retroceso en materia de transparencia, tal e como vimos denunciando desde hai máis de ano e medio”. Rozas concluiu lembrando que foi no mandato de CA cando o Concello de Santiago acadou a súa maior valoración no Índice de Transparencia da ITA, cunha puntuación de 91,9 puntos, fronte aos 66,3 puntos acados en 2014”.

Novas
relacionadas

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

Moción conxunta para reclamarlle á Xunta que cumpra con Santiago e resolva o caos de tráfico e de falta de aparcadoiro no CHUS

María Rozas, Gonzalo Muíños e Míriam Louzao presentan unha iniciativa para que a Xunta asuma a súa competencia e realice o investimento necesario

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo