RECOLLIDA DO LIXO

Bugallo non responde as preguntas de CA sobre o control do servizo de recollida do lixo

Xan Duro pedirá explicacións no Pleno, unha vez duplicado o prazo dun mes que o regulamento municipal prevé para atender as preguntas da oposición
  • O concelleiro de CA lembra que en novembro a concelleira Mila Castro afirmou que se estaban realizando as obrigadas inspeccións, pero o Comité de Empresa segue denunciando numerosos incumprimentos que lle afectan á calidade do servizo

Compostela Aberta pedirálle ao Goberno que dea conta no próximo Pleno das inspeccións e controis de calidade do servizo de recollida do lixo que se veñen desenvolvendo desde a entrada en vigor do novo contrato, e das sancións impostas por posibles incidencias. O concelleiro Xan Duro lembrou que “CA xa pediu esta información por escrito o pasado 14 de decembro, o prazo establecido polo regulamento municipal para responder é dun mes, pero pasados máis de dous meses seguimos sen acceder a eses datos, nunha práctica á que lamentablemente xa nos tén afeitos aos grupos da oposición”. O edil preguntouse “que tén que esconder e a quen quere protexer o Goberno”, e lembrou que o comité de empresa de Urbaser segue denunciando o mal funcionamento do servizo.

As deficiencias na prestación do servizo de recollida do lixo e limpeza viaria veñen sendo obxecto de denuncia por parte do Comité de Empresa de Urbaser desde a entrada en vigor do novo contrato, e continúan vixentes transcorridos dez meses. No Pleno de novembro, os tres grupos da oposición presentaron unha moción conxunta, recollendo os incumprimentos relatados polos traballadores e instando ao Goberno a realizar un maior control do servizo. Na súa resposta, a concelleira de Medio Ambiente afirmou que xa estaba contratada unha empresa encargada do control de calidade do servizo, tal e como se establecía no prego da licitación do contrato. O 14 de decembro, Compostela Aberta rexistrou unha serie de preguntas ao respecto deste control de calidade, pero a día de hoxe o Goberno segue sen respondelas, e por ese motivo Xan Duro interpelará ao Goberno de maneira oral no Pleno do próximo día 28.

Tal e como explica Xan Duro, o prego para a contratación dos servizos de recollida do lixo e limpeza viaria recolle a obriga da concesionaria de contratar unha empresa independente para realizar ese traballo de control e inspección, seguindo parámetros tanto cuantitativos como cualitativos. Ademais, o prego sinaloa que o obxectivo deste control é presentar melloras nos puntos que presenten anomalías reincidentes, comprobar os medios que se están a empregar no servizo, e definir as penalizacións nas que puidera incorrer a empresa adxudicataria do servizo. Tendo en conta as reiteradas queixas do comité de empresa de Urbaser, o concelleiro de Compostela Aberta pídelle ao Goberno que transparente que empresa está desenvolvendo o traballo de inspección e control de calidade, cantos controis fixo, en que datas e que incidencias foron detectadas; e cantas sancións foron impostas en virtude destes controis.

Documentación
relacionada
PREGUNTA ESCRITA DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA SOBRE O CONTROL DA CALIDADE DO SERVIZO DE RECOLLIDA DO LIXO E LIMPEZA VIARIA
Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina

A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo