Bugallo viaxa a Madrid para reclamar compromisos xa contemplados no actual proxecto da Intermodal

CA lamenta que o alcalde admita que as obras non estarán rematadas para o 2021 contra as previsións, ata agora, da Xunta
  • Bugallo vai pedirlle ao Adif un aparcadoiro cando o proxecto actual contempla un de 1.000 prazas e con posibilidade de ser ampliado
  • A supresión da cláusula dos 3,5 millóns de pasaxeiros nin se está aplicando, nin se vai aplicar

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2019.- Compostela Aberta mostrou hoxe a súa preocupación ante as declaracións que vén realizando o alcalde de Santiago en relación aos prazos para a execución da estación intermodal. Tal e como recollen diversos medios de comunicación e tamén a propia web municipal, Xosé Sánchez Bugallo sostén que a infraestrutura non estará rematada para o Ano Santo de 2021, fronte aos prazos facilitados pola Xunta de Galicia hai tan só uns meses, que apuntaban a que “Santiago contará nos primeiros días do 2020 coa primeira estación intermodal de Galicia preparada para a chegada do AVE e a celebración do Xacobeo”.

É por iso que Compostela Aberta esixe que “a ronda de contactos que o alcalde Bugallo vai manter esta semana para falar deste proxecto non sirva de coartada para que se atrasen unhas obras polas que a capital galega leva unha década agardando”.

Aparcadoiro xa contemplado

Xosé Sánchez Bugallo reunirase mañá en Madrid coa presidenta de ADIF para abordar o proxecto da estación intermodal, e tén previsto manter o mércores unha xuntanza coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez. O alcalde sinalou apuntou varias veces a necesidade de habilitar prazas de aparcamento, sen renunciar mesmo á posibilidade de construír un aparcamento soterrado na zona. Unha necesidade que non pode ser escusa para atrasar as obras posto que o proxecto actual xa debería incluír como mínimo 1.000 prazas para cumprir co PXOM vixente.

Compostela Aberta lembra que o actual proxecto, tal e como se pode ler nas informacións da Xunta de Galicia ao respecto, “deixa preparado o terreo para executar, en caso de necesidade, un aparcadoiro e unha área de servizo para os vehículos”. Xa que logo, todo apunta a que o alcalde viaxará a Madrid para reclamarlle á presidenta de ADIF algo que xa está contemplado desde hai meses. De feito, xa en 2016, se apuntaba á futura construción dun aparcadoiro con mil prazas repartidas en dúas plantas, no espazo que ocupa o edificio lateral á actual estación, e que será derruído.

Cláusula dos 3,5 millóns de pasaxeiros

Bugallo tamén vén sinalando como outro dos obxectivos das xuntanzas desta semana a retirada da cláusula que requiría chegar aos 3,5 millóns de pasaxeiros e pasaxeiras para afrontar unha segunda fase das obras da intermodal.  Compostela Aberta recórdalle ao alcalde que xa en agosto de 2017 o ADIF acordou licitar a redacción do proxecto da estación do AVE de maneira co da pasarela cuberta, o que de facto supuxo suprimir a citada cláusula.

Compre lembra que o contrato con o estudio de arquitectura de Herreros para redactar o proxecto completo incluía o compromiso de entrega dentro do ano 2019.[/et_pb_text][/et_pb_column]

Novas
relacionadas

María Rozas asina o acordo entre o Foro Cívico e as forzas políticas municipais para atender os retos de Santiago  

A candidata de Compostela Aberta cualifica de “moi positivo que se poña o foco sobre cuestións que van alén das grandes infraestruturas, e das que CA leva falando xa moitos anos como a gobernanza o turismo”

Compostela Aberta é a única formación que tén publicado e accesible o seu programa electoral

María Rozas aféalle a PSOE, PP e BNG que leven días “falando de propostas duns programas que non se sabe onde están nin que compromisos firmes incorporan”

CA esixe explicacións tras coñecerse que o local de Desproi alugado polo exconcelleiro Pichel desenvolvía a súa actividade sen título municipal

O Goberno vén de ordenar a paralización da actividade no edificio nun decreto asinado o 17 de abril

Compostela Aberta pídelle ao Goberno que medie no conflito do lixo

María Rozas e Xan Duro reuníronse esta tarde co Comité de empresa de Urbaser “que leva meses advertido do incumprimento dos seus dereitos, ante a inacción de Bugallo”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo