#ByeByeBorbones, unha campaña para mostrar a repulsa á Monarquía

Compostela Aberta, Guanyen Badalona en Comú, MÉS-Estimam Palma e Zaragoza en Común impulsan unha iniciativa nas redes sociais de rexeitamento da Monarquía española

A monarquía como sistema de goberno nunha sociedade democrática é cuestionable, unha posición que cada vez ten máis apoios na nosa sociedade. Neste sentido, as organizacións municipalistas Compostela Aberta, Guanyen Badalona en Comú, MÉS-Estimam Palma e Zaragoza en Común impulsan unha campaña conxunta para facer unha chamada a cidadanía e que mostre a súa repulsa cara a monarquía, diante das últimas informacións sobre as sociedades offshore das que sería beneficiario Felipe VI. As formacións municipalistas entenden que “o anuncio da renuncia á súa herdanza por parte do Rei é o recoñecemento da corrupción que existiu durante anos na Casa Real”.

Nas redes, a partir do domingo

Compostela Aberta, Guanyen Badalona en Comú, MÉS-Estimam Palma e Zaragoza en Común convocan á cidadanía a compartir nas súas redes sociais unha fotografía cun cartel no que se poida ler o lema #ByeByeBorbones, acompañada polo mesmo hashtag. A campaña para visibilizar o rexeitamento á Monarquía arrancará o domingo, 22 de marzo, a partir das 19 horas.

Unha campaña aberta a outras formacións municipalistas ou republicanas, e a toda a cidadanía en xeral, que ten como obxectivo animar á veciñanza a reclamar a abdicación de Felipe VI. As catro formacións municipalistas queren reivindicar un proceso constituínte para que a cidadanía poida elixir entre Monarquía e República. Nesa liña, lembran que “son xa demasiados episodios escuros ao redor da Casa Real española e, en particular do rei emérito Juan Carlos de Borbón, que tén amasada unha inmensa fortuna nas últimas décadas desde a impunidade que lle ofrecía o seu cargo”.

Novas
relacionadas

COMUNICADO DE COMPOSTELA ABERTA DIANTE DA CONMEMORACIÓN DO 8M, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Como cada 8 de marzo, Compostela Aberta súmase ás reivindicacións polo Día Internacional das Mulleres e fai un chamamento á cidadanía a participar nas mobilizacións convocadas para reclamar unha igualdade real entre homes e mulleres, defender o dereito das mulleres a vivir unha vida libre e segura, e denunciar a discriminación que perdura, malia os avances nas últimas décadas.

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo