CA advirte do risco de que o Concello perda unha subvención para a instalación de illas de compostaxe

CA insta ao Goberno a iniciar a licitación do proxecto, para o que o Ministerio de Transición Tecnolóxica destinou case 50.000 euros

O grupo municipal de Compostela Aberta vén de preguntarlle ao Goberno polo prazo que manexa para iniciar a licitación das novas illas de compostaxe comunitaria nos barrios, como as que xa funcionan en Galeras, Santa Marta e Salgueiriños. O proxecto fora presentado durante o pasado mandato a unha convocatoria de subvencións do Ministerio de Transición Ecolóxica, que comprometeu a achega de case 50.000 euros.

Compostela Aberta rexistrou unha pregunta para que o Goberno informe dos pasos que ten dado para iniciar a licitación do proxecto, tendo en conta que os pregos quedaron elaborados no pasado mandato. Segundo os prazos fixados polo Ministerio de Transición Ecolóxica, a ampliación das illas de compostaxe comunitaria debera estar executada en abril de 2020. Do contrario, podería perderse a  subvención de 46.371 euros que lle foi concedida ao Concello de Santiago no marco da convocatoria PIMA, en concreto na liña de actuación Residuos-Compost coa que o Ministerio pretendía fomentar a recollida separada de biorresiduos, a compostaxe doméstica e comunitaria, e a construción de instalacións de compostaxe de biorresiduos para o seu tratamento.

Aposta clara pola compostaxe

O proxecto presentado polo Goberno de Compostela Aberta á convocatoria do Ministerio de Transición Ecolóxica permitiría a instalación de novas illas de compostaxe como as que veñen funcionando nos barrios de Galeras, Santa Marta e Salgueiriños e que utilizan máis dun cento de veciños e veciñas. Ademais, durante o pasado mandato instaláronse composteiros en sete centros de Educación Infantil e Primaria  e iniciouse un programa de compostaxe doméstica nas parroquias de Figueiras, Grixoa, Laraño, Villestro, A Gracia e Sabugueira.

Deste xeito, empezouse a darlle cumprimento aos obxectivos fixados pola ‘Rede Estatal de entidades locais pola compostaxe doméstica e comunitaria’, da que Santiago forma parte por acordo do Pleno do Concello -co voto favorable das forzas progresistas da corporación- celebrado en novembro de 2016.

PODES CONSULTAR AQUÍ A PREGUNTA FORMULADA POLO GRUPO MUNICIPAL DE CA

Arquivado en:grixoasanta marta
Novas
relacionadas

Vertedoiro de Miramontes: CA urxe ás administracións a actuar para facer cumprir a sentenza firme do Supremo

Compostela Aberta reitera o seu apoio á Plataforma de Afectados polo vertedoiro de Miramontes e insta a Bugallo a reclamarlle á Xunta o cese de actividade na canteira

Compostela Aberta insta á Xunta a “clausurar o vertedoiro de Miramontes e a impedir os novos enredos da empresa para incumprir os mandatos xudiciais”

O concelleiro Xan Duro lembra que a UTE leva máis de tres anos litixando e mantendo a circulación de vehículos pesados, a pesar do pronunciamento do Tribunal Supremo

Compostela Aberta urxe ao Goberno de Bugallo a adoptar medidas para impedir o paso de camións de gran tonelaxe cara a canteira de Miramontes

O concelleiro Xan Duro explica que unha sentenza do Tribunal Supremo confirma a legalidade da resolución adoptada no pasado mandato polo Goberno de CA

Marta Lois: “Javier Fernández xa demostrou a súa incapacidade á fronte das Obras, e agora queda claro que tampouco pode xestionar os Centros Socioculturais”

A portavoz de Compostela Aberta lamenta a paralización da licitación dos CSCs polo TACGal, e lembra que “o concelleiro respondeu coa súa soberbia ás nosas advertencias sobre os erros dos pregos” 

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo