CA apoia ao Santiago Futsal e pídelle explicacións ao Goberno “por levar a varios clubs a unha delicada situación económica”

  • Xan Duro lembra que os equipos deportivos seguen sen cobrar as subvencións de 2021, “achegas fundamentais para que poidan afrontar os seus gastos ordinarios”

O concelleiro de Compostela Aberta Xan Duro cualificou hoxe de “impresentable que o Concello siga sen abonar as subvencións nominativas para os clubs deportivos da cidade correspondentes ao ano pasado, un atraso que está poñendo nunha situación dramática a moitos equipos da cidade”. O edil explicou que un dos clubs afectados é o Santiago Futsal, “que empeza a pensar na súa liquidación por unha situación económica moi complexa, na que a axuda municipal é fundamental para afrontar algúns dos seus pagos pendentes”.

Xan Duro lembrou que os clubs da cidade “levan meses denunciando a situación que atravesan e os prexuízos que lles está ocasionando o atraso no cobro das subvencións comprometidas para o ano pasado, unhas queixas que o Goberno está demostrando que non lle preocupan”. O concelleiro de Compostela Aberta volveu reclamarlle á concelleira de Deportes “que dea a cara diante dos clubs e que non siga poñendo escusas para xustificar o inxustificable”.

Solidariedade co Santiago Futsal

Duro lembrou que “a subvención municipal é fundamental nas economías precarias dos clubs deportivos, que precisan esas achegas para afrontar cuestións como o pago das inscricións nas súas competicións”. O edil referiuse, en concreto, ao caso do Santiago Futsal “que empeza a pensar na súa liquidación froito dunha delicada situación económica que arrastra no tempo, e para o que a subvención do Concello sería un importante respiro, que lle permitiría abonar algún gasto como o do pago dos árbitros”. 

A subvención nominativa do Santiago Futsal en 2021 era de 65.000 euros, e para este ano 2022 ten aprobada outra achega municipal de 54.000 euros, “que tampouco saben cando van poder cobrar”. Para Xan Duro, “a concelleira Esther Pedrosa debería reflexionar sobre cales están sendo as consecuencias da súa pasividade e da súa incompetencia, porque en moitos equipos de Compostela poden ser consecuencias irrevertibles”.

Novas
relacionadas

Compostela Aberta e BNG reclámanlle á Xunta que actúe de maneira urxente na recuperación ambiental da canteira de Miramontes

Os dous grupos do Goberno levarán ao próximo Pleno unha moción conxunta para que a Corporación apoie as reivindicacións da Plataforma de Afectadas pola Canteira de Miramontes e FERUSA tras a sentenza que confirma un delito contra o medio ambiente no complexo da Grixoa
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

O Pleno de Santiago debaterá unha moción conxunta de CA e BNG para rexeitar o proxecto de Altri

Os dous grupos do Goberno solicítanlle á Xunta que emita un informe negativo a ese proxecto industrial contaminante pola súa afectación ambiental, patrimonial e económica

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo