CA apoia ao sector da cultura e a música ao vivo “ante a previsión de que se introduzan novas restricións no verán”

Compostela Aberta leva ao Pleno unha moción que recolle as demandas da Federación da Música do Estado Español
  • Branca Novoneyra lembra que os espazos cultutais son seguros e reclama que se atendan as especificidades do sector en Santiago

Compostela Aberta levará ao Pleno do próximo xoves unha moción en apoio e solidariedade co sector da cultura, e en particular da música ao vivo, ante a posibilidade de que o Ministerio de Sanidade estea planificando a prohibición dos eventos culturais ata o próximo outono. A concelleira Branca Novoneyra reiterou que “a cultura vén tendo un comportamento exemplar desde o comezo da pandemia, é un dos ámbitos máis afectados polas restricións derivadas da Covid, pero é posible implementar medidas para manter unha actividade segura”.

A concelleira de Compostela Aberta recolle, na moción que se debatirá o xoves, a denuncia da Federación da Música do Estado Español, Es_Música,  que vén de comunicar a súa total oposición ao plan para a prohibición de eventos culturais que estaría a preparar o Ministerio de Sanidade, e de recriminar a inacción do Ministerio de Cultura ao respecto. A organización lembra que “sería incoherente que agora se aplicaran unhas limitacións e restricións máis severas que nos peores momentos da crise sanitaria, e especialmente nunha época na que gran parte dos eventos se desenvolven ao aire libre”. Branca Novoneyra expresou o seu total apoio ás demandas da Federación, e lembrou que “o sector cultural e, en particular o da música ao vivo, vén sendo un dos máis golpeados polas medidas sanitarias derivadas da pandemia, e novas restricións poden supoñer na práctic aa súa quebra definitiva”. A concelleira incidiu en que “a cultura foi un exemplo absoluto de seguridade e responsabilidade en todas as fases e ondas da Covid, asegurando que non se produciran surtos, tal e como recoñeceron as diferentes autoridades sanitarias, e por iso non se entenderían agora novas limitacións ata o outono”

Na moción que se debaterá o xoves, CA pide que o Pleno do Concello manifeste o seu apoio e solidariedade co sector da cultura, en particular da música ao vivo, e que traslade aos Ministerios de Sanidade e de Cultura a súa disconformidade coa implementación de medidas máis restritivas para estes sectores, que teñen demostrado a súa fiabilidade ata o momento.

Singularidades de Santiago

Branca Novoneyra advertiu que as posibles decisións do Ministerio de Sanidade sobre os eventos culturais “afectaríanlle especialmente a Santiago, unha cidade na que a cultura e a música ao vivo forman parte fundamental da nosa singularidade, e tamén da nosa economía, posto que é un sector do que dependen máis de 420 empresas”. A concelleira de CA instou ao Goberno local a trazar “un roteiro e unha estratexia propia, mudando a orientación das políticas culturais e ofrecendo un sólido apoio ás empresas e entes sen ánimo de lucro da cidade”. Para Novoneyra, o Concello debe empezar a “pensar seriamente no rescate do sector, que está nunha situación acentuada de precariedade, e por iso CA tamén leva a este Pleno un rogo para reclamar que o Goberno local implemente un plan de contratación de música e cultura ao vivo, cun orzamento mínimo de 250.000 euros, para a contratación directa de grupos de Compostela nas festas da cidade”

PODES CONSULTAR AQUÍ A MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA QUE O CONCELLO DE SANTIAGO APOIE A MÚSICA AO VIVO E A CULTURA SEGURA 

PODES CONSULTAR AQUÍ O ROGO DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA QUE SE CONTRATEN GRUPOS MÚSICAIS E ARTISTAS LOCAIS NO CICLO DE FESTAS DE SANTIAGO

Novas
relacionadas

María Rozas comprométese a recuperar o pulo cultural de Santiago “despois de catro anos de desgana do Goberno de Bugallo”

A candidata de Compostela Aberta presentou o programa en materia de cultura, acompañada por Comba Campoi e Javier García

Branca Novoneyra: “O Goberno de Bugallo ten unha última oportunidade para autocorrixirse e apostar polos artistas locais na programación das festas”

Compostela Aberta leva ao Pleno unha moción para esixir un plan de contratación de artistas e empresas culturais locais para a Ascensión e o Apóstolo, cunha dotación mínima de 250.000 euros

CA reitera o seu apoio á creación dun Conservatorio Profesional de Danza en Santiago

María Rozas e Branca Novoneyra reuníronse coas representantes da Plataforma que leva anos reclamando este centro “para o que existe unha enorme demanda en Compostela”

María Rozas: “No do aparcamento do Clínico, Bugallo e a Xunta do PP chegaron a un único acordo: non falar do problema ata despois das eleccións”

A portavoz de Compostela Aberta lamenta que o alcalde fale agora de “traballo conxunto para adoptar unha decisión sobre o parking, cando a Xunta anuncia un estudo de mobilidade que o propio Bugallo consideraba innecesario ata hai uns días”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo