CA asina o Manifesto en Defensa dos Mercados de Alimentos de Proximidade e insta á Xunta a levantar a súa suspensión

Compostela Aberta lamenta que a Xunta manteña “limitacións pouco comprensibles á venda directa de produtos agrogandeiros que supoñen un agravio comparativo con respecto aos supermercados”
  • CA lembra que o Goberno galego tén as competencias para reabrir os mercados, como xa fixeron outras autonomías

Compostela Aberta vén de adherirse ao “Manifesto en defensa dos mercados de alimentos de proximidade como garantes da seguridade alimentaria no estado de alarma”, asinado por medio cento de organizacións galegas de diversos ámbitos. A través del, esas entidades reclaman a reapertura dos mercados alimentarios de proximidade, pechados pola Consellería do Medio Rural a través da Orde sobre a venda de produtos agrogandeiros do pasado 23 de marzo. CA insta á Xunta de Galicia a levantar esa prohibición, “garantindo que os mercados tradicionais dispoñan dos medios precisos para aplicar correctamente todos os protocolos de seguridade nesta situación excepcional derivada da crise da Covid-19”.

O portavoz municipal de CA, Martiño Noriega, incidiu hoxe en que, tal e como se recolle no manifesto, a supresión dos mercados tradicionais de produtos agrogandeiros por parte da Xunta “é unha decisión que supón un agravio comparativo con respecto aos supermercados e outras tendas, e que podería terse evitado aplicando desde o 23 de marzo as mesmas normas de seguridade que se prevén na propia orde da Consellería para cando se levante esa prohibición, relativas á disposición dos postos, ás distancias tanto entre persoas vendedoras como entre persoas usuarioas; ou ao uso de luvas e xeles desinfectantes”. Ainda que a Xunta xustifica o mantemento do peche na resposta da Delegación do Goberno a unha consulta formulada ao respecto, Noriega lembra que “é a administración autonómica quen ten as competencias para regular e autorizar estes mercados que, de feito, nunca chegaron a ser prohibidos en comunidades como Baleares, e que xa se recuperaron noutras como Cataluña ou Euskadi”.

Noriega sinalou que “os alimentos e os mercados de alimentos de proximidade, aplicando as normas establecidas, ofrecen mesmo maior seguridade que os supermercados e outras tendas, por celebrare ao aire libre e en espazos amplos, e porque hai menos intermediarios entre o produtor e o consumidor final”. Ademais, engadiu, “os mercados alimentarios de proximidade teñen unha maior capacidade de garantir o subministro de alimentos frescos ao non depender de estruturas centralizadas e vulnerables, polo que impedir a comercialización dos produtos alimentarios locais, máis frescos e menos alterados, é irresponsable nunha situación como a que estamos a vivir”. O portavoz de CA lembrou tamén que a orde da Xunta “deixou aos produtores e produtoras indefensos, sen poder exercer a súa principal actividade económica e sen obter ningún tipo de compensación, e sen procurar fórmulas de colaboración coas administracións que serían viables, como a compra pública de alimentos para que os servizos sociais os inclúan na distribución ás familias con menos recursos”.

Compostela Aberta advirte que “seguimos sen saber cando se levantará a suspensión dos mercados tradicionais, un sector que tén unha importancia relevante no país e que non é máis que outra canle para a provisión de alimentos á cidadanía, ao igual que o son os supermercados”. Nesa liña, Martiño Noriega incidiu na situación  que se produce, por exemplo, na Praza de Abastos de Santiago. O portavoz de CA considera “incomprensible que o mercado poida seguir aberto, pero as praceiras tradicionais que exercen no seu exterior non poidan manter a súa actividade, cando tamén se dedican á venda de alimentos de primeira necesidade e cando para moitas destas mulleres esa é unha fonte de ingresos fundamental para a súa economía familiar”.

Arquivado en:Martiño Noriega
Novas
relacionadas

María Rozas: “Compostela Aberta é o voto útil para quen queira políticas progresistas en Santiago” 

Compostela Aberta celebrou o seu acto central de campaña na Sala Capitol, no que a candidata estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega

María Rozas: “Compostela Aberta é o único garante de que Santiago non volva aos anos negros do PP nin se manteña no gris de Bugallo”

O exalcalde Martiño Noriega e boa parte da lista electoral participaron no acto de apertura de campaña de CA

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

CA completa unha lista “feminista, apegada aos barrios e o rural, e comprometida co activismo social e a defensa das traballadoras”

María Rozas presenta o segundo tramo da candidatura, que pechan a presidenta do comité de empresa de Zara na provincia da Coruña, Carminha Naveiro; a escritora e académica Marilar Aleixandre; e o exalcalde Martiño Noriega

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo