CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

María Rozas, en representación de CA, Goretti Sanmartín, en representación do BNG, e Aitor Bouza, en representación do PSdeG-PSOE, veñen de asinar o acordo para os orzamentos municipais de 2024 que, en palabras da alcaldesa “responde ás necesidades dun orzamento feito e pensado para as persoas, un orzamento social, igualitario, e deseñado para o mantemento de barrios e de parroquias”.

Goretti Sanmartín afirmou que “este acordo que vimos de subscribir é froito do diálogo, da colaboración e da vontade de poñer por riba de calquera outra cuestión as necesidades da veciñanza de Santiago de Compostela”. A alcaldesa explicou que “despois de estarmos cuns orzamentos prorrogados xa desde o ano 2022, é preciso acadar estabilidade orzamentaria e poder ter unha folla de ruta para seguir durante o ano 2024”. Neste sentido, lembrou que “como goberno tiñamos un obxectivo claro que era chegar a finais de ano cunha proposta orzamentaria que fora viable e realista, e con este acordo que hoxe asinamos entendemos que este reto está cumprido”.

A portavoz de Compostela Aberta tamén mostrou a súa satisfacción “porque as tres forzas progresistas demostramos a nosa capacidade para chegar a acordos polo interese dos veciños e veciñas de Santiago”. María Rozas incidiu en que “en democracia é importante buscar puntos comúns e incorporar a mirada dos outros, e iso fixemos no Goberno incluíndo na proposta de orzamentos cuestións que sabiamos que eran de interese común co PSOE, ao que lle agradecemos a súa vontade de manter un diálogo construtivo e de non dilatar os tempos”.

Ademais, Rozas salientou que as tres forzas progresistas “demostramos un especial interese por termos uns orzamentos claramente sociais, que atenden cuestións prioritarias como o incremento das partidas destinadas ao Servizo de Axuda no Fogar, a conciliación, o compromiso co rural, ou a mellora dos servizos públicos”.

Pola súa banda, o representante do PSdeG-PSOE asegurou que “hoxe é un bo día para Compostela porque por fin temos un instrumento para facer realidade as demandas sociais”. Aitor Bouza afirmou que “a oposición ten que servir para o que serve a política: construír, debater, chegar a puntos de encontro e facilitar a vida das persoas”. Os orzamentos municipais, que ascenden a 141.184.052,95 euros, continuarán nas vindeiras semanas o correspondente procedemento de tramitación administrativa para ser finalmente aprobado en acordo plenario.

Documentación
relacionada
ACORDO ENTRE O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO, COMPOSTELA ABERTA E O PSdeG-PSOE PARA OS ORZAMENTOS MUNICIPAIS DE 2024
Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo