CANDIDATURA DE COMPOSTELA ABERTA

CA completa unha lista “feminista, apegada aos barrios e o rural, e comprometida co activismo social e a defensa das traballadoras”

María Rozas presenta o segundo tramo da candidatura, que pechan a presidenta do comité de empresa de Zara na provincia da Coruña, Carminha Naveiro; a escritora e académica Marilar Aleixandre; e o exalcalde Martiño Noriega
  • Da lista forman parte os e as exconcelleiras de Compostela Aberta “porque despois dun mandato de incapacidade e falta de proxecto reivindicamos con máis forza o traballo feito polo Goberno de Compostela Aberta”

A candidata de Compostela Aberta á alcaldía presentou hoxe o segundo tramo da lista coa que concorre ás eleccións municipais de maio, “unha candidatura que bebe do  feminismo, do activismo social e cultural e do movemento sindical, que representa á totalidade do termo municipal, e que reivindica o traballo feito polo Goberno de Martiño Noriega”. O exalcalde é  o encargado de pechar a lista, no posto 25, por detrás da presidenta do comité de  empresa de Zara na provincia da Coruña, Carmiña Naveiro; e da escritora e académica Marilar Aleixandre, que hoxe participaron tamén na rolda de prensa de presentación.

María Rozas deu a coñecer hoxe a totalidade da lista electoral coa que se presenta ás eleccións municipais do 28 de maio, unha lista formada por 15 mulleres e 10 homes; aos que hai que engadir as 6 mulleres e 4 homes que figuran como suplentes. A candidata de CA salientou que “encabezo unha candidatura cun 60 por  cento de mulleres, unha porcentaxe que non responde a ningunha cota senón á realidade dunha forza feminista como é Compostela Aberta”. Do mesmo xeito, a portavoz municipal incidiu en que esta é unha lista “cunha alta representación do movemento sindical, con persoas como Carminha que encabezou as protestas contra Inditex que acabaron cunha importante mellora salarial para as traballadoras; Carlos Pardo, que foi secretario xeral da unión intercomarcal de Comisións Obreiras Santiago-Barbanza; ou Soledad García Rio, do comité de empresa do Servizo de  Axuda no Fogar”. O activismo social e cultural, con nomes como o de Marilar Aleixandre ou Eli Cabeza Romero, a implantación territorial da lista, “con integrantes que proceden de todas zonas de Santiago, desde Marrozos a Salgueiriños, pasando polo Ensanche, a zona histórica, Vista Alegre, a Almáciga ou Fontiñas”; e o coñecemento dos servizos municipais “son outros dos valores desta candidatura”.

Reivindicar o traballo feito

María Rozas recoñeceu que “a lista tamén é un exercicio de recoñecemento para todos os concelleiros e concelleiras que fixeron parte do Goberno de Martiño Noriega, empezando polo propio exalcalde”. A candidata de CA sinalou que “para min, o feito de que Martiño Noriega peche a lista e que no último tramo tamén aparezan Noa Morales, Rafa Peña, Concha Fernández ou Manolo Dios é unha maneira de reivindicar e de poñer en valor o traballo feito polo Goberno de Compostela Aberta, fronte a un mandato de parálise, de falta de ideas e de incapacidade para xestionar do equipo de Bugallo”.

María Rozas rematou agradecéndolle a todas as persoas da candidatura “que teñan dado un paso á  fronte para participar na lista de Compostela  Aberta, unha lista que reflexa o enorme capital político e humano da nosa organización”. A candidatura completa vaise presentar o próximo martes na Sala Capitol, nun acto aberto á veciñanza a partir das 20.00 horas.

Documentación
relacionada
LISTA COMPLETA DE COMPOSTELA ABERTA PARA AS PRÓXIMAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS
Novas
relacionadas

Compostela Aberta e BNG reclámanlle á Xunta que actúe de maneira urxente na recuperación ambiental da canteira de Miramontes

Os dous grupos do Goberno levarán ao próximo Pleno unha moción conxunta para que a Corporación apoie as reivindicacións da Plataforma de Afectadas pola Canteira de Miramontes e FERUSA tras a sentenza que confirma un delito contra o medio ambiente no complexo da Grixoa

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo